Mañá arranca en Compostela a X Feira do Teatro. E o cartel definitivo co que encherá a programación ata o sábado está formado por 23 espectáculos (19 galegos e 4 de fóra de Galicia). Un número que queda lonxe dos 43 espectáculos que se presentaron inicialmente. E que o orzamento e a imposibilidade de ver tantas funcións determinaron a reducción drástica do número final que se presentarán ó público. E de teatro tamén vai o curso que a IGAEM convoca para actores teatrais para mellorar a linguaxe corporal. E de teatros ós títeres, xa que esta fin de semana os Monicreques de Kukas estreou onte en narón unha obra de Blanco Amor.
Feira de teatro
A Feira de Teatro chega cargada de números na súa décima edición. E que en cinco días, un total de 23 compañías presentarán as súas obras convertindo a Santiago na capital do teatro con trinta horas de espectáculos. E de todos estes espectáculos destacamos en dúas bandas:
- as galegas, que contarán con tres estreas detacadas "Ratman & Bobyn" da man de Bacana; "Con flores a María" de Teatro da Lúa e "Porca vita" de Teatro Maltés supoñen o reclamo máis atractivo desta feira. Completan a programación Factoría Teatro, Teatro do aquí, Bucanero & Eme 2 Produccións, Matarile Teatro, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego, Teatro de Ningures, Uvegá Teatro, Teatro do Adro, Produccións Librescena e Áncora Produccións.
- nas produccións e nos espectáculos que chegan de fóra d Galicia, son posibles por mor dun intercambio coa Feira de Madrid. E os títulos son "Miguel Hernández" da compañía Teatro Meridional; "Atra Bbilis" de Produccións Micomicón; "El espectáculo debe continuar" da Factoría Norte de Xixón e "Los poderes de Lila" de Castela A Mancha Teatro.
As funcións que se realizarán en horario de 11:30 a 1:00 da madrugada no Salón Teatro, Teatro Principal, Teatro Galán, Sala Nasa, Sala Santyago, e a aula de Cultura de Caixa Galicia ó módico prezo de 2 euros.
Curso de linguaxe corporal
A Consellería de Cultura, nese interese por formar a actores dramáticos. Co obxecto de que consigan " unha interpretación máis clara e precisa" por medio da mellora da linguaxe corporal. O curso iniciarase hoxe e prolongarase ata o vindeiro 12 de abril. Con este dase inicio tamén o primeiro dos encontros que porá en marca a Asoicaicón de Actores, Directores e Técnicos de Escenas de Galicia (Aadteg) co apoio do Igaem.
E títeres
Ferrol volveu acoller este sábado unha nova estrea sobre os escenarios dentro do seu ciclo de sábados teatrais. E o obxecto desta estrea foi "Anxélica no umbral do ceio" que é unha obra de Blanco Amor composta para títeres. E os encargados de facerlle os honores a esta estrea foron os "Monicreques de Kukas". A obra supón unha divertida comedia que reflexiona sobre as dúbidas de Anxélica sobre se quedar no ceo ou baixar á terra para realizar o seu soño que é coñecero amor terrenal.
Monicreques de Kukas fundouse en 1979 por Marcelino de Santiago e Isabel Rey. Na actualidae é a compañía deteatro máis antiga de Galicia, e gábase de ser unha das máis estables dentor do panorama teatral galego.
Nos seus 22 anos de existencia, teñen producido máis de 25 montaxes teatrais entre espectáculos de monicreques, ruadas e teatro de actor. A súa presencia é ineludible en todas as exhibicións que se precien non só en Galicia, senón tamén en diferentes feiras e festivais internacionais. Os seu bonecos están presentes mesmo no Parque España de Xapón.