O CGAI prepara un ciclo adicado ó cineasta norteamericano John Ford

Parte I, II, III....

Primeiro foi Orson Welles, logo Lars Von Trier, máis tarde Jean - Luc Godard e, por último, John Ford. O Centro Galego de Artes da Imaxe continua co famoso cineasta norteamericano o seu ciclo de programacións de cine. E a retrospectiva que lle adica está formada por numerosos filmes que dosificará en dúas partes. Unha primeira tanta que se estenderá ata outubro, e outra segundo que se iniciará o ano que vén. E os Cineclubes de Ourense e Compostela e a Alliance Française súmanse ós ciclos de cine con sendas programacións que tamén arrancan estes días.





CGAI de principio a fin


Uns que empezan e outros que rematan. O Centro Galego de Artes da Imaxe continúa estes días coas súas habituais programacións, pero cun aliciente engadido, que comeza unha nova retrospectiva. Esta última é a que está adicada a John Ford e que abranguerá un total de 80 sesións. E como é un número tan numeroso o organismo preparou este ciclo de filmes en varias sesións. A primeira delas, que abrangue as películas realizadas entre 1917 e 1947, celebrarase desde deste o 20 deste mes de abril (coa proxección de "Straight Shooting, 1917") ata outubro deste ano. O resto dos filmes, os que o cineasta realizou desde 1947 proxectaranse no 2003.
E mentras comeza o ciclo de John Ford dará remate ó de Lars Von Trier e o de Godard que comezaron nos meses de xaneiro e marzo, repspectivamente.
Pero non todo serán produccións alleas, de feito haberá tamén producción galegas. O día 13 presentaranse dúas curtametraxes de Peña "Galactea, a conquista da Vía láctea" e "The last Patrol". Ademais, no medio do ciclo de Godard, proxectaranse varios videos da productora galega Esferobite.











Os cineclubes



O cineclubismo está rexurdido con forza. E un exemplo disto son os abondosos ciclos de cine que está a realizar en Santiago o recén creado Cineclube Compostela. A vindeira cita que organiza este grupo está preparada para os días 22, 23, 24, 25 e 26 de abril en colabroación coa Universidade de Santiago e a Alliance Française nun ciclo que recuperará a figura de Robert Bresson (1901-1999). Un evento que exhibirá, na Facultade de Xornalismo, títulos do cineasta tan coñecidos como "As damas do Bois de Boulogne", "O proceso de Xoana de Arco" ou "Lancelot do Lago".
Pola súa banda o cineclube Padre Feijoo de Ourense exhibirá mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ourense o filme de Pier Paolo Passolini "As mil e unha noites". E a súa programación dos xoves continuará o xoves 11 de abril con "M, o vampiro de Dusseldofr" de Fritz Lang.

E o Forum
Polo demais o Fórum Metropolitano de A Coruña organiza tamén para estes días un ciclo de programacións en versión orixianl que pretenden achegar a figura de Jean Renoir. Un evento que chega da estreita colaboración que este o Forum desenvolve coa Alliance con certa asiduidade. As proxeccións comezarán o día 8 con "Toni" (1934) e seguirán ata o 10 de abril exhibindo algúns do filmes máis coñecidos deste precursor e defensor do Neorrealismo. A entrada custará 1.50 euros para o público en xeral, sendo de balde para os socios da Alliance, maiores de 65 e posuidores do carné xove.