Vintesete de marzo, Día Mundial de Teatro. Ademais da entrega dos Premios María Casares esta noite, a xornada vén cargade de eventos teatrais por todo o país. Así, temos novidades sobre os investimentos da Consellería de Cultura no sector e sobre a proxectada Escola de Arte Dramático. Ademais, lembrar que o Centro Dramático Galego ofrece desde hoxe e ata o vindeiro trinta e un de marzo un desconto do 50% nas entradas da obra "Os espectros" que representa actualmente en Compostela.Para rematar, un resumo das publicacións que se presentan con ocasión desta data e un recordatorio de ciclos en marcha e por estrear.
Investimentos, ciclos e escola
Nas presentacións de actos e publicacións polo Día do Teatro, a Consellería de Cultura anunciou que este ano investirá tres millóns de euros a través do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), que se traducirán en máis de setecentas representacións por todo o país.
Estas representacións distribuiranse entre os trinta e sete concellos que conforman a Rede Galega de Teatros e Auditorios durante todo o ano e en eventos puntuais coma a vindeira Feira do Teatro de Galicia, que se celebrará en Compostela entre o nove e o trece de abril ou o I Encontro Interescena 2002, que se desenvolverá nesta mesma cidade do 17 ó 27 dese mesmo mes e no que participarán propostas teatrais de diferentes comunidades autónomas. Ciclos xa clásicos, coma o de Camiños Teatrais Galicia-Norte de Portugal ou a Mostra de Teatro Infantil de Nadal manteranse un ano máis.
Ademais dos ciclos, desde a Xunta chégannos novidades con respecto á ansiada Escola Superior de Arte Dramática logo de que Ramón Castromil, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, manifestase a predisposición da Xunta a desenvolver este centro canto antes.
Así, desde a Consellería de Educación sinálase que esta entidade leva xa varios meses en negociacións co Concello de Santiago para atopar un lugar onde ubicar o centro. De calquera xeito, a consellería considera improbable que a escola entre en funcionamento o ano que ven. Poucos días antes da súa morte, o presidente do Consello da Cultura, Carlos Casares, mantivera unha xuntanza co presidente da Xunta, Manuel Fraga, o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, e o conselleiro de Educación, Celso Currás, na que se tratou a necesidade de desenvolver urxentemente este proxecto.
Descontos e representacións
Ver a obra de Ibsen "Os espectros", que está a representar o Centro Dramático Galego de Compostela no Salón Teatro, custará a metade entre hoxe e o vindeiro día trinta e un. Esta obra do que é considerado creador do drama moderno conta coa participación de Luísa Merelas, Antonio Durán "Morris", Miguel Pernas, Miguel López Varela e Mónica García.
As festas polo Día do Teatro tamén chegan ata Ferrol, onde o Ateneo programou unha xornada na que se abordarán todas as dimensións do espectáculo teatral. Así, no local desta asociación participarán grupos coma "N+1", "Bartoleta Teatro", "Xente Nova", "Teatro sobre rodas" e "Circusfusión", ademais de persoas vencelladas a este mundo coma Esmérita Ramírez, Manuel Basoa e Roberto Casteleiro. As actividades previstas van desde a representación de monólogos a cadros escénicos, mimos, malabares, contacontos ou mesmo dobraxe. Ademais, preténdese amosar o traballo que se desenvolve fóra do escenario nunha función teatral. Así, maquilladores, técnicos de luminotecnia, apuntadores ou decoradores amosarán como fan o seu labor.
Máis cara o sur, en Redondela, continúa en marcha ata o vindeiro seis de abril o ciclo Teatrarte, que está a achegar á vila cada sábado comedias de sete compañías galegas.
Publicacións
Se xa onte falábamos da presentación do Anuario Galego de Estudios Teatrais e dos novos números dos "Cadernos de Teatro do IGAEM", hoxe temos noticias de novas publicacións que saen á luz con ocasión do Día Mundial do Teatro.
Así, a Consellería de Cultura presenta hoxe mesmo "
Nun pregue de veludo (Fagamos comedia)", de Alexandre Ballester; "O espaço Literario do Teatro (Estudos sobre literatura dramática portuguesa I)", de José Oliveira Barata; "O teatro de Xan da Cova" (La Galiciana e María Pita)", de Goretti Sanmartín Rie; "Teatro, cerimonia e xogo. A traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio R. Ruibal", en edición de Anxo Buín; "Mantis (A misión)", de Raúl Dans; e "Entrecontos", de Chus Álvarez, Covadonga Berdiñas, Ana Carril y Victoria Teijeiro.
Lembrar tamén que recentemente saíu á rúa un novo número da revista "Casahamlet", editada pola Deputación da Coruña baixo a dirección de Francisco Pillado Mayor.