Ten só 26 anos. Pero ben aproveitados. David Barto saltou do seu Viveiro natal a Barcelona para traballar con Filmax. E de aí deu o salto definitivo a Los Ángeles da man da Warner. E é nesta cidade americana onde acaba de asinar un contrato para dirixir tres filmes con producción e reparto norteamericanos. Uns proxectos que se iniciará en maio e que culminan varios anos de traballo como deseñador de producción, compartindo rodaxes con estrelas como Wesley Snipes ou Bruce Wilis. Case nada. E moito máis cercano, en Santiago, o Teatro Principal acolle un ciclo de cine que pretende revisar a relación entre o cine e a literatura.
Proxectos
A axenda de David Barto para os vindeiros meses estará ben apretada. Entre outras cousas porque acaba de asinar un contrato polo que fará tres longametraxes en norteamérica. E o primeiro dos seus proxectos comezará o vindeiro mes de maio. Chámase "Absolon" e ten un argumento que se desenvolve no 2015, e será integramente rodada en Toronto. Trátase dun "thriller científico" que se centra no escaso respecto da natureza. Un filme que distribuirá a United Internacional Pictures e a Universal a principio de 2003. Un filme no que o viveirense fai doblete, xa que non só dirixe, senón que tamén guioniza.
Curriculum de vertixe
David Barto ten unha desas historias que ben poderían encher minutos dalgún fime. Naceu en Viveiro e con tan só 15 anos xa facía "os seus pinos" na Banda Deseñada. E publicaba o seu trabalo nas páxinas de El Progreso. Pero pouco tempo despios trasladouse a Barcelona, onte entrou en contacto co mundo do Audiovisual da man de Julio Fernández en Filmax, concretamente para a súa filial, Fantastic Factory. De feito, non é a primeira vez que este viveirense declarase que Fernández, foi o seu mentor. En Fílmax colaborou no deseño de filmes como Fustus o Dagon, cintas dirixidas por norteamericanos.
E Barto (abreviatura de Bartolomé) decidíu que Barcelona se lle facía pequeno, e ampliando horizontes trasladouse a Nova York para seguir un curso no departamento de deseño da Warner Brothers. E foi aí onde comezou todo. Foi cando creou o proxecto Ciber 755, que empezou como serie de tebeos e logo saltou ó terreo do videoxogo.
Pero o seu curriculum parece unha lista inabarcable e inesgotable de diferente índole. Colaborou con ILM nos equipos de deseño de "Matrix 2" (que se estreará a finais do 2003 ) e de "A guerra de Hart" protagonizada por Bruce Willis e estreada hai pouco nos Estados Unidos.
E os seus traballos non foron só en América, xa que tamén se desenvolveron en España. Foi deseñador en "Torrente 2: Misión en Marbella" e abandoou a "Capitán Trueno" de Juanma Bajo Ulloa, co que espera colaborar e traballar en breve.
Ademais de todo isto, o viveirense dirixiu ademais tres curtametraxes, un de animación, outro en 16 milímetros e un terceiro en 35 milímetros.
Ciclo de cine no Principal
E hoxe continúa o ciclo de cine do Teatro Principal de Santiago que se pretende mostrar as relacións entre o cine e a literatura. O resultado é un ciclo que conta no cartel con:
-Farenheit 451 de François Truffaut.
-Medo e noxo nas Vegas: Terry Gilliam
-Fausto 5.0: I. Ortiz e La Fura dels Baus (Ollé e Padrissa)
-O triunfo do amor: Clare Peploe
-Hamlet: Michael Almereyda
-A casa da alegría: Terence Davies
O ciclo de cine acolle a versión orxinal destes filmes en tres funcións (de 18:00, 20:30 e 22:45 horas) diariamente ata o vindeiro domingp.