Un tras outro. Os últimos cines denominados "históricos", é dicir, grandes salas cunha única pelÃcula na carteleira, están pechando as súas portas. A falta de asistentes e a apertura de novas salas de exhibición agudizaron a situación de superviviencia na que estaban estes cines. O Victoria de Pontevedra, os Minicines V de VilagarcÃa e o Yago en Santiago (sobre todo este último), que eran os últimos bastións, xa teñen unha data de despedida co seu público. Eran mortes anunciadas.
O Yago: a subhasta
Santiago perde non só un cine senón tamén unha sala de espectáculos (a única cunha programación estable de tÃteres). Unha perda, de momento, irreparable para a oferta cinematográfica da capital de Galicia. De feito, o Yago estaba a ofrecer en versión orixinal subtitulada (V.O.S.) filmes que pola súa condición de "independentes" non chegaban ás carteleiras das salas comerciais da cidade. E agora ten no seu cartel outra data definitiva, pero non para a unha estrea, senón para todo o contrario, a súa despedida. E esa data é o dÃa 22 de abril.
E o orixe desta cita é que unha sentencia da Audiencia Provincial que autorizaba o seu embargo definitivo e que rematará unha subhasta pública dos bens mobles o dÃa 26. A orixe do litixio estaba nunha rehabilitación acometida pola empresa Maderas Malvar S.L , encargada polos propietarios (a familia Gesto Nieto). Unhas obras que pretendÃan a remodelación e rehabilitación da sala e quenon foron aboadas. Na primeira sentencia xudicial,a Audiencia Provincial fixo efectivo e definitivo o embargo do mobiliarioe os instrumentos definitivos. Un auto que non foi efectivo xa que a Sala Secta da Audiencia Provincial deu a razón á parte demandada, porque se trataba de material indispensable para o funcionamento do negocio.
De momento, os bens mobles da sala Yago sairán a subasta por un valor de partida de 34.555,75 euros (5.805.000 pesetas) repartidos en catro lotes: os proxectores e equipos de son (por 9.901 euros - 1.650.000 pesetas-); un lector de CD (3.300 euros- 550.000 pesetas-); butacas de terciopelo (21.000 euros - 3.480.000 pesetas-) e unha lámpada de teito por 751 euros (125.000 pesetas).
Victoria en Pontevedra
Di a empresa "Fraga", propietaria dos tres últimos cines históricos de Pontevedra, que o cine Victoria daba perdas. Concretamente uns 4.200 euros mensuais (casi setecentas mil pesetas) e que iso era unha razón máis que suficiente como para pechar esta sala. E para pechar o que era o último dos edificios históricos que existÃan en Pontevedra (un peche que se suma ós do Teatro Malvar e ós do cine Gónviz) a empresa escolleu o filme "Amelie". Curiosamente a mesma o mesmo filme que servÃu para pechar os cines Gónviz. E este peche tamén ten data definitiva: o vindeiro dÃa 26 de marzo ( o "martes santo"). Un dÃa co que se poñerá punto e final á historia deste cinematógrafo que se inaugurou en 1942 e polo que pasaron moitas das estreas de moitas proxeccións cinematográficas.
Multicines V en VilagarcÃa
Non son históricos, pero serviron no seu momento para que un dos cines clásicos de VilagarcÃa ( o "Fantasio") pechase as súas portas. Dezaoito anos despois, os Multicines V acaban de sufrir as consecuencias da chegada de sete modernas salas na explanada TIR. O esforzo por modernizar as instalacións e ofrecer unha programación axeitada non servÃu de nada, con nove salas en VilagarcÃa a relación cos espectadores era de una por cada catro mil habitantes. Unha proporción demasiado alta e que era insostible.