E para afrontar os cambios e os novos retos que se lle aveciñan ó mundo do audiovisual, a Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) renova a súa Xunta Directiva. E Manolo Gómez, director de Dygra, cede o seu cetro a Valentín Carrera. E todo isto cando se coñecen os nominados ás categorías máis importantes dos primeiros Premios Chano Piñeiro. Un certame que organizan conxuntamente a AGAPI e a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA) e que vén a recoller o relevo deixado polos AGAPI.
Cambios
A última asemblea xeral da Asociación Galega de Productoras Independentes estivo cargada de puntos na súa orde do día. En primeiro lugar era a presentación do "Plan estratéxico do Sector Audiovisual" aos asociados, o mesmo que lle presentaron á Xunta a semana pasada e ao público en xeral nunha rolda de prensa o pasado luns. E, en segundo lugar, escolleron e decidiron o número de persoas e o equipo que formará parte da Xunta directiva para facerlle fronte ao Consorcio do Audiovisual e á posta en marcha do proxecto do Clúster. E os electos nesta sesión foron:
- Presidente: Valentín Carrea
- Vicepresidente: Celestino Hermida
- Secretario: Alejando Castro
- E por áreas: en Economía estará Pancho Casal; en cultura Marcos Gallego; en Formación Manolo Gómez; en Industria, María Ignacia Ceballos e en televisión, Ramón Varela.
E como xerente Xulio Casal.
Nominados
E os novos premios Chano Piñeiro, que veñen a substituír ós AGAPI, preséntan a súa lista de "posibles". Unha lista que vén con algunha que outra sorpresa. Sobre todo porque a serie "Rías Baixas" opta a catro dos galardóns principais. Algúns dese nominados son:
Mellor longametraxe: O Bosque Animado (Dygra), Lena (Portozás Visión) e Castelao. Os irmáns da liberdade (Acuarela Comunicación).
Mellor interpretación masculina: Manquiña (Lena), Ernesto Chao (dúas veces: por Condenado a vivir e Pratos Combinados) e Tacho González (Rías Baixas).
Mellor interpretación feminina: Marta Larralde (Lena), María Bouzas (por Terra de Miranda e Condenado a vivir) e Sonia Castelo (Rías Baixas).
Mellor director: Ángel de la Cruz e Manolo Gómez (O Bosque Animado), Chema Cagino e Jorge Coira (Terra de Miranda), Jesús Segura (Rías Baixas) e Jorge Valcárcel e Fran Piñeiro (Jalisco).
Mellor serie ou filme de ficción:
Condenado a vivir (Continental), Mareas Vivas, Terra de Miranda (ambas as dúas de NTR, do Grupo Voz) e Rías Baixas (Zenit Multimedia).
Mellor producción multimedia: Bravú.net, Eis-Vigo, Navegación emocional e Trofeo-Ibisa.