Unha producción galega irá os Emmy e xa se coñecen nominacións ós Chano Piñeiro

Emmy vaise de ciclo

Logo de que onte AGAPI e a semana pasada a Xunta concretasen medidas concretas, o audiovisual está máis en boga que nunca. E neses pasos certeiros cara un bo camiño do sector, hai grandes alegrías. E unha delas é a que deu a película para televisión " Condenado a vivir" que foi escollida pola FORTA (Federación de organismos de radios e televisión autonómicos) como a súa representante nos Premios Emmy. E desta noticia de premios a outra tamén de premios posto que xa se coñece unha lista de nominados ós premios Chano Piñeiro. E polo demais continúan e comezan novas series de películas. Unhas que se programan en Santiago no CGAC e outras na Coruña co CGAI.

Premio


A FORTA (a Federación de organismos de radios e de televisións autonómicos) acaba de escoller á tv movie "Condenado a Vivir" como a súa representante para competir nos premios Emmy, que son os máis importantes que existen para formatos televisivos.
Esta película feita para televisión detalla a reivindicación do tetrapléxico Ramón Sampedro cando reivindicou o dereito a unha morte digna. Dirixida por Roberto Bodegas foi realizda por Costa Oeste, a división de televisión de Continental e Euroficción.
A película foi rodada en Galicia en decembro do ano pasado, e conta con localizacións en Barrañán, Caión, Maicela. Entre o grupo de actores que forman parte desta montaxe están Ernesto Chao, María Bouzas, Rosa Álvarez e Sonia Castelo.

Jose Luís Guerín


E esta tarde continúan unha nova película dentro do ciclo de cine que desde o luns organiza o Centro Galego de Arte Cotemporáneo. E a proxección de hoxe contará cun prolegómeno de excepción, é é que o laureado cineasta Jose Luis Guerín estraá acompañando á proxeción do seu "Tren de sombras" (1996). Guerín, nado en 1960, é un dos principais revitalizadores do xénero documental en España (de feito, a súa última película, "En construcción" gañou un Goya na categoría documental, ademais de obter unha Mención especial do xurado no último Festival de cine de San Sebastián).
O ciclo de cine continúa mañá coa proxección el "El sol del membrillo" (1992) de Víctor Erice que contará cunha charla de Antonio López. Este filme pretende unha esmerada plasmación dos movementos do pintor Antonio López.




CGAI Godard


O Centro Galego de Artes da Imaxe inicia hoxe unha nova programación. E é un ciclo que ten un protagonista de excepción. Trátase de de Jean Luc Godard do que, coa colaboración da Alliance Francaise e a Embaixada Francesa, se pretende ofrecer filmografía para coñecer a súa aportación á sétima arte. Ó lado de clásicos como "A bout de souffle", "Alphaville" e "Pierrot le fou", proxectaránse outros de difusión moito menor como "La chinoise", "Le petiti soldat" ou "le femme est une femme".