Bota a andar o Congreso Internacional de Teoría do Teatro en Vigo

Falar do teatro, facer teatro, asociar teatro

Vigo acollerá desde amañá e ata o día quince o IV Congreso Internacional de Teoría do Teatro, un encontro bianual que vén organizando a Facultade de Filoloxía e Traducción. Tamén desde a Universidade e relacioado co teatro chéganos a noticia da constitución en Compostela da Asociación de Teatro Universitario, que acollerá representantes de doce asociacións de todo o Estado. Esta asociación nace cando se está a celebrar na cidade o Festival Internacional de Teatro Universitario. Por se fose pouco, sae á rúa un novo número da revista Casahamlet e coñecemos a aparición de PMB, unha publicación que no seu número 0 achega traballos de varios galegos. E non esquezamos que continúa a programación de Alternativa 2002 en Compostela e do Festival de Teatro Universitario de Lugo.

Congreso


O Departamento de Teoría do Teatro da Universidade de Vigo organiza a IV Edición do Congreso Internacional de Teoría do Teatro. Este encontro bianual tratará nesta ocasión sobre "Teatro hispánico e literatura europea", centrándose na crítica dos estudiosos da Weltliteratur sobre os clásicos españois na primeira metade do século. O encontro contará coa presencia especialistas de vrias universidades alemanas e estadounidenses.
O congreso inclúe a proxección o día dezaoito do filme "A barca sen pescador" de Alejandro Casona. O congreso de Teoría do Teatro celébrase alternativamente co de cine que convoca o mesmo departamento.











Asociación



Coincidindo coa celebración do VIII Festival de Teatro Universitario de Compostela constituirase nesta cidade a Asociación de Teatro Universitario de España. Unha xuntanza hoxe e outra mañá servirán para realizar unha constitución formal desta asociación, na que participan representantes de doce Aulas de Teatro de Todo o Estado. O obxectivo desta asociación é estimular e potenciar a actividade teatral do Estado. Xa desde 1991 se veñen mantendo contactos entre estas entidades con vistas a crear finalmente esta entidade, que conta co apoio de dezanove universidades españolas, incluídas a de Santiago e Vigo.











Revistas


"O Correo Galego" recolle hoxe nas súas páxinas a publicación dun novo número de "Casahamlet", revista sobre teatro dirixida por Francisco Pillado, e a paarición dunha nova publicación, "PMB", vencellada ó grupo canariao"Profetas de mueble bar" e dirxida por Xosé Luis García Canido.
O cuarto número de "Casahamlet" achega unha serie de estudios sobre dramaturgos galegos coma Roberto Vidal Bolaño, Xesús Pisón, Gustavo Pernas ou Robeto Salgueiro. Ademais recolle material de creación de diversos autores e as ilustracións de Xosé Luis de Dios, Miguelanxo Varela, Xurxo Fernández, Ana Pillado e Manuel Lourenzo entre outros.
Pola súa banda, o número cero de PMB, inclúe textos de Petor Brook, La Fura dels Baus ou Robet Wilson, e conta coas colaboracións de Alfonso Armada, Alfonso Pexegueiro, Xesús Ron e Ignacio Castro entre outros.