Cen ideas recollidas en cinco eixos: politico, económico, cultural, industrial e formativo. A Asociación Galega de Productoras Independentes acaba de presentar unha serie de iniciativas concretas para desenvolver a lei do audiovisual aprobada o 8 de setembro de 1999 (lei 6/1999). Nada fantasmagóricas, nin nada ilusorias un proxecto de mercado que, segundo o vocal de cine da Asociación, Francisco Casal, "dará emprego a miles de mozos" e que servirá para pasar do interese cultural ó industrial.
Dous eixos cruciais
Segundo o "Plan estratéxico do sector audiovisual galego (2002-2005)" hai dúas cuestións cruciais para conseguir ese relanzamento do sector ó nivel do téxtil (que afirmaba a Xunta de Galicia a semana pasada). En primeiro lugar supón conseguir que a Xunta defina a súa postura con respecto ó audiovisual (algo que xa avanzou a semana pasada cando os empresarios lle presentaron o plan concreto) e, en segundo lugar, conseguir dotar de poder ó Consorcio do Audiovisual.
Imos por partes. Segundo figura na Lei do Audiovisual (lei 6/1999) o marco legal que establece, ha de estar inspirado nunha "polÃtica xeral" que lle compete definir ó Goberno Galego. Concretamente, o artigo 2 da lei di que " a definición da polÃtica xeral da Xunta de Galicia no campo do audiovisual" hase de facer "a proposta da ConsellerÃa de Cultura". Dous anos despois da aprobación da lei (que xunto coa de normalización lingüÃstica foron as únicas que se aprobaron por unanimidade) esa polÃtica xeral aÃnda está sen definir. O único que se pode achegar a esa polÃtica de actuación concreta son as medidas puntuais que se decidiron onte e que afectaban as consellerÃas de EconomÃa, Cultura, Familia, Industria e Educación.
A segunda desta medidas era a de poñer en marcha a creación do Consorcio do Audiovisual. O que, segundo este plan, non é un fin en si mesmo, senón a creación dunha ferramenta que permita engrasar a maquinara administrativa para o desenvolvemento do sector estratéxico. Sobre todo nas súas liñas: financiamento, producción e formación.
Cambio de plantexamento
Con estas cen medias concretas o que se pretende e combater o minifundismo mental, é dicir, conseguir que este sector que se está a estructurar (segundo apunta o informe do Observatorio do Audiovisual) pase do interese cultural ó industrial. É dicir, que a cultura provea de material de contidos para o audiovisual de tal xeito que consiga xenerar emprego e se convirta nun sector de negocio importante. Neste sentido, na roda de prensa Francisco Casal apuntou a necesidade de que non se retroceda á situación creada nos anos oitenta, no que as subvencións mantiñan a empresas ruinosas. Consideran que agora as subvencións se teñen que outorgar a empresas que se "axuden a si mesmas" e que teñan proxectos concretos.
O financiamento
As primeiras advertencias que se fan desde este plan estratéxico e que sitúa as liñas a desenvolver o sector, están no punto de vista do financiamento. E para iso propoñen tres medias. En primeiro lugar a creación dun "Fondo de desconto" que funcione como créditos de adianto e nunca como subvencións a fondo perdido. Nese sentido consideran que o IGAPE deberÃa de funcionar como un Banco Público. Para iso propoñen que deberÃa de ter 3.000 millóns que sirvan para a concesión de créditos como un préstamo directo a devolver en catro anos. Segundo unha análise do sector as productoras teñen 2 anos para realizar un producto e outros dous para rentabilizalo. Por iso unha vez realizado á hora de devolver os créditos as productoras poderÃan devolver os cartos que a Xunta lles prestou para para realizar o producto.
A segunda das medidas é que, tal e como a CRTVG é o principal cliente do sector, piden un aumento do orzamento do ente público a 2.000 millóns. Un incremento que xustifican en que aÃnda asà serÃa un tercio do que teñen outra televisións públicas autonómicas (TB3, Canal Nou...) que teén aÃnda menor actuación.
Por último, propoñen a creación do Clúster do audiovisual. Unha fórmula que consiste na concentración de empresas e de institucións dunha mesma zona xeográfica e sectores relacionadso para compartir proxectos (ou materiais) para aumentar a capcidade competitiva e, polo tanto, as oportunidades de negocio.