Vigo e A Coruña inclúense nos itinerarios do Club do Cine e o CGAC abre outro

CGACine

Galicia tamén terá presencia no recén creado "Clube do cine". Unha inicaitiva que pretende levar películas, consideradas "de calidade" por toda España. Eses filmes que por problemas de distribución non se poden ver en todas as localidades. E de entrada, os lugares nos que se vai a celebrar esta iniciativa son Vigo (no Cine Club Lumiere) e A Coruña (nos cines "Los Rosales") . E de cine de calidade a cine estético, xa que a vindeira semana comeza en Santiago o ciclo de cine "novos retos estéticos do cine español" que desenvolve o Centro Galego de Arte Contemporánea coa colaboración do Catedrático de Historia do cine español, Ángel Luís Hueso.

Circuito do Club do Cine


Non ten nada que ver co cinematógrafo que iba de vilas en vilas levando proxeccións para animar ó público, senón todo o contrario. o "Club do cine" nace para levar películas e filmes de gran calidade a localidades nas que, por problemas de distribución non chegan estes filmes. Esta iniciativa nace polo empeño dun grupo de profesionais da industria cinematográfica e está presidido pola productora de vídeo e oranizadora de festivais Carmen Vega. Dentro do seu circuito de exhibición no que figura Galicia tamén están Cantabria, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña, País Vasco, Extremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia.
En Galicia están incluidos os cines "Los Rosales" de A Coruña e o Cine Club Lumiere de Vigo.
Na presentación deste clube, anunciaron tamén o avance de programación, que conta con títulos como "Gilda", " A dama de Shangai", "O terceiro home", "O home invisible", "Funny Games", "Boggie Nights", "A virxe dos sicarios", "Amores perros" "Nove Raíñas", "A ciénaga" ou a "Lista de espera".

Cine no CGAC


Cinco filmes. Cinco décadas. Cinco días. O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle desde o vindeiro luns día 11 un ciclo de cine que vén a respaldar a súa oferta cinematográfica logo da boa acollida que tiveron os últimos programas realizados (o de Stanley Kubrick, "Visións da cidade" o do de "Cartoons politicamente incorrectos"). As proxeccións comezan o luns con Arrebato (1979) de Iván Zulueta e que será introducida polo Catedrático de Historia do Cine español, Ángel Luís Hueso. O martes é o turno de "A árbore das cereixas" de Marc Recha. O mércores estará no CGAC José Luís Guerín que dará una conferencia, logo da que se procederá a proxectar "Tren de sombras. El espectro de Le Thuit". O xoves será o turno de "O sol do membrilo" de Víctor Erice, e o venres o ciclo rematarácon "Monos como Becky" de Joaquín Jordá.