Teatro Universitario en Lugo e Alternativa 2002 en Santiago, o teatro é protagonista

Drama a borbollóns

Esta noite levantarase o pano en moitos escenarios de Galicia. En Santiago cunha nova entrega do FestiALT, en Lugo coa IV Mostra de Teatro Universitario e en Ferrol da man dos Xoves Teatrais. E máis lonxe, en Bruxelas, cinco autores teatrais levarán as lecturas dramatizadas (que se estiveron facendo en Madrid) para amosar o bo camiño polo que está o bo teatro galego.

En Santiago


Onte deu comezo o "Alternativa 2002", e por iso, cada día haberá numerosas estreas, xa non só de obras, senón tamén de estilos, de tonos e de humor teatral. E esta noite os protagonistas teñen un nome "Legaleón T". Está considerada como a compañía máis atrevida de Euskadi e presenta na Sala Galán "Bancarrota", unha obra que fundirá, fiel ó estilo que caracterizou a esta compañía, teatro, movimento e palabra. Esta noite, sobre o escenario o espectador poderá ver 18 historias de vida cotidiá sobre a morte de fondo pero sempre cunha comicidade envidable. Con esta obra abordarán o tema da morte, pero non tratada como un feito dramático, senón como algo cómico, divertido, ofrecendo ó mesmo tempo, unha serie de razóns para vivir. Con Legaleón teatro esta noite poderase ver un teatro que foxe da clasica estructura e que centra a súa innovación como elementos audiovisuais, xestuais e con elementos engadidos.

En Lugo e Ferrol


E esta noite en Lugo comezará unha das citas habituais co teatro. Trátase do IV Festival de Teatro Universitario qeu durante 14 dias, once grupos de Portugal, Brasil, Colombia e Porto Rico ofrecerán as súas representacións. E o encargado de abrir o pano esta noite é "Europa" (a obra de Davidd Greig) coa Aula de Teatro do Campus de Lugo. Unha obra que implica as "inquedanzas do mundo actual" e que implica, segundo o seu director Pablo Rodríguez, a primeira representación que se fai do mundo actual". O grupo da Universidade Autónoma de Madrid "Miranfú- Gatuam" dará vida mañá ás "Noticias pérdense". A Aula de Teatro da Universidade de Extremadura actuará o domingo con "Os habitantes da casa deshabitada" de Enrique Jardiel Poncela; sendo "Roberto Zucco" a peza de Bernard Marie Koltés que se representará o mércores por parte de "Teatro Espido" de Vigo.
Completan o programa o colectivo da Facultade de Artes Escénicas Belas Artes de Cali (Colombia), as aulas dramáticas das universidades de Murcia e do campus de Santiago de Compostela, o Departamento de Artes Escénicas de Sao Paulo, O "Novo Núcleo de Teatro" de Lisboa, "Departamento de Drama" de Porto Rico e "Maricastaña" de Ourense.
E hoxe é xoves, e como tal en Ferrol dase outra nova sesión dos "Xoves teatrais" que achegan cada semana produccións á cidade departamental. Esta noite será o turno de "Footing" no Centro torrente Ballester.


E para Bruxelas


Logo de protagonizar con éxito as lecturas dramatizadas de autores teatrais galegos en Madrid, o grupo de autores galegos pon agora os seus ollos en Bruxelas. De feito, será da man da Fundación Galicia Europa pola que viaxarán para presentar a lectura de "O incerto señor don Hamlet" de Cunqueiro. Para este programa de presentación a delegación que viaxa a Bruxelas con Uxía Blanco, Alberto Comesaña, Maika Braña, Javier Goyanes e Mario Tomas dirixidos por Manolo Otero.