"O bosque animado" primeiro filme galego en conseguir dous Goyas

A falta dun...

"Casi me dan ganas de dicir que ¡marisco para todos! Así de contento subeu Manolo Gómez a recibir o Goya ó mellor filme de animación como director de "O bosque animado". Pero non foi o único, "Tu bosque animado" a canción central da película que interpreta Luz Casal, tamén foi galardoada con outra estatuíña. A noite do sábado foi, pois, un trunfo para o cinema galego en primeiro momento, e para a animación e en segundo lugar.

Premios e premiados


"O bosque animado" tiña dúas nominacións, e fixo un pleno na súa quiniela. O xurado da Real Academia Española cinematográfica decidíu outorgarlle ó primeiro filme de animación en 3D producidos en Galicia, un Goya na categoría de "Mellor longametraxe de animación" e outro Goya na categoría de "Mellor canción". Dous galardóns que convirten a este filme na segunda producción galega en conseguir un Goya e a primeira en conseguir dúas estatuíñas.
Dous premios que eran, de entrada bastante complexos. O da categoría de animación era bastante complexo, xa que os outros rivais (sobre todo "Manuelita" ) tivera boa acollida entre o público e se trataba de produccións importantes. E se este estaba difícil, na categoría de animación, a competencia era aínda máis dura. Luz Casal, autora da canción premiada, competía con Joaquín Sabina que era, a priori, o gran favorito.
O director de Dygra Films e codirector de "O bosque animado", Manolo Gómez, foi o encargado de subir a recibir o premio e non puido disimular a súa satisfacción por este galardón. Un premio que consideraban xusto e que viña a premiar cinco anos de traballo, cun duro inicio. El mismo se encargou de recordar que "hai cinco anos dicían que estabamos loucos por facer esta longametraxe". E tolear case poden facelo agora polos bos resultados que están a producir este traballo en menos dun ano. Foi a primeira longametraxe de animación feita en 3D en Europa, tivo moi boa acollida nas taquillas e conseguíu amosar unha situación do audiovisual galego máis normalizado que nunca.

A lista de premiados complétase do seguinte xeito:

- Mellor película: "Los otros" Alejando Amenábar.

- Mellor director: Alejando Amenábar, "Los otros".

- Mellor intepretación feminina protagonista: Pilar López de Ayala, por "Juana la loca"

- Mellor interpretación masculina protagonista: Eduard Fernández por "Fausto 5.0"

- Mellor dirección novel: J. Carlos Fernadillo or "Intacto"

- Mellor actriz revelación: Paz Vega por "Lucía y el sexo"

- Mellor actor revelación: Leonardo Sbaraglia por "Intacto"

- Mellor interpetación feminina de reparto: Rosa María Sardá por "Sin vergüenza"

- Mellor interpretación masculina de reparto: Emilio Gutiérrez Caba por "El cielo abierto"

- Mellor película europea: "Amelie"

- Mellor película de fala hispana: "La fuga" de Eduardo Mignogna (Arxentina)

- Mellor fotografía: Javier Aguirresarobe por "Los Otros"

- Mellor guión orixinal: Alejandro Amenábar por "Los Otros"

- Mellor guión adaptado: Martínez, Molinero Pérez e Maldonado por "Salvajes"

- Mellor música orixinal: Alberto Iglesias por "Lucía y el sexo"

- Mellor dirección de producción: E. Otegui e M. González por "Los Otros"

- Mellor documental: "En construcción" de José Luis Guerín

- Mellor montaxe: Nacho Ruiz Capillas por "Los Otros"

- Mellor dirección artística: Benjamín Fernández

- Mellor deseño de vestiario: Javier Artiñano, por "Juana la Loca"

- Mellor maquillaxe e /ou perruquería: Miguel Sese e Mercedes Guillot por "Juana la loca"

- Mellor son: Steinberg, Cavagin, Raposo e Goldstein por "Los Otros"

- Mellores efectos especiais: Abades, Núñez e Aragonés por "Buñuel y la mesa del Rey Salomón".



Diversificación



E "O bosque animado" continúa o seu proceso de expansión. que foi moito máis alá da propia posta en marcha do filme nos cines. Mentras se ultima a súa saída como serie de televisión, este mércores poñerase á venda en vídeo e DVD. As historias dos señores de Abondo, dunha toupa "Furi" (diminutivo de Furacroios) e a vida nun bosque ante a chegada de signos de modernización. Unha historia baseada na obra, que ten o mesmo título, do escritor Wenceslao Fernández Flórez.



Cara a normalización


Con estes dous premios parece que o audiovisual galego esperta e comeza a ter valor no panorama estatal. O ano pasado "Sei quen es" de Patricia Ferreira, alzábase coa primeira estatuíña dentro deste certame. Pero unha estatuíña que chegou (malia as tres nominacións coas que contaba) pola súa música. Unha banda sonora que elaborou a Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de José Nieta (quen se encargara de recoller o premio). Galicia repetíu este ano no listado de premiados, unha actividade que parece dar indicios da normalización da incipiente sector do audiovisual.