Made in Carballiño. Producción, guión, actores... e todos do Carballiño. Asà son as novas curtametraxes, "Despertar en ParÃs" e "Boa noite, lúa", que en breve encherán as rúas da localidade ourensá e nos que leva traballando o Cine Clube desde o ano pasado. E dun Cine Clube a outro, o Lumiére de Vigo, que abre hoxe a súa programación cunha comedia italo-suiza, éxito de público o u premios, "Pan e tulipáns". E seguimos enfiando programacións, e pasamos agora á Coruña, onde o CGAI prepara novidades cinematográficas para febreiro.
Carballiño curta
"Espertar en ParÃs" e "Boa noite, lúa" son os tÃtulos das dúas primeiras curtametraxes que se realizan no Carballiño. Unha iniciativa que parte do Cine Clube Carballiño, o mesmo que se encarga anualmente de organizar as "Xornadas de Cine e Video de Galicia (máis coñecidas como "Xociviga"), e que botou a andar o ano pasado. De feito, en agosto e setembro pasado celebrouse un "casting" co obxectivo de que todos os membros participantes nesta iniciativa fosen da propia localidade. Pero non só os actores son locais, senón que os guións están asinados por Plácido Baranda e Manuel NanÃn, dous directivos e membros do Cine Clube Carballiño e que pretenden plasmalo en vÃdeo (Despertar en ParÃs") como en celuloide ("Boa noite, lúa). A primeira das curtametraxes contará coa colaboración dos alumnos da escola de Imaxe e Son da Coruña, que serán tamén os encargados de aportar o material ou a infraestructura necesaria para o guión.
O segundo dos exemplos "Boa noite, lúa" será unha curtametraxe que bebe nas fontes da tradición surrealista practicada por Buñuel.
Programación e ciclos
E hoxe tamén temos outras novas do audiovisual, aÃnda que estas son de programación. Esta noite, ás 20:30 horas no Auditorio do Concello dará lugar o inicio da programación do Cine Clube Lumiere. E fará o propio con "Pan e tulipáns" a producción italiana máis exitosa do 2000, que foi un éxito en taquilla e que colleitou numerosos premios. E tamén de programación é a relativa ó mes de febreiro do CGAI que inclúen a terceira parte do Ciclo "Free Cinema e a Tradición Realista no Cine Británico" con obras de Winterbottom ("Wonderland", 1999) e Stephen Ferears ("Abrete de Orejas", 1987) e no apartado de producción galega, este mes tócalle o turno a "Antonio, Jorge y Luis" (1999) e a "Antonio, Jorge y Luis se casan" (2001). Completa a programación a exhibición de obras de Lars Von Trier e Orson Welles.