Desde o Goberno están levando ata as facetas máis creativas esa declaracións de intencións de educar ós nenos no respecto ó medio ambiente. E atopou unha solución moi "cultural" para conseguilo. O resultado é "O bosque é meu", unha obra teatral didáctica dirixida a nenos co obxectivo de protexer o medio ambiente e evitar os incendios. E se falamos de teatro, non nos podemos esquecer de Teatro de Adro, quen prepara unha obra de Cándido Pazó ("O binomio de Newton") que contará co regreso de Xosé Manuel Olveira "Pico", ás súas orixes.
Ourense co teatro
As representacións teatrais enchen estes dÃas os escenarios ourensáns, aÃnda que con obras que teñen pouco en común. Empezamos pola máis lúdica e didáctica, "O bosque é meu" unha obra didáctica programada polo Ministerio de Medio Ambiente para sensibilizar a poboción de zonas rurais con alto risco de incendio. E como non, Ourense é a provincia galega que sufre un maior número de incendios. As casas da cultura de Ourense, Parada do Sil, Castro Caldelas, Nogueira de RamuÃn e Allariz e, proximamente, Celanova, Sandiás e Bande, xa gozaron desta unidade didáctica moito máis lúdica e aproveitable que unha conferencia, charla ou seminario (formato no que se estaban a desenvolver este tipo de conferencias habitualmente).
E na cidade das Burgas estes dÃas tamén hai máis representacións. Son as obras que chegan da man da compañÃa Balea Branca (creada en VerÃn en 1993) que conta en "Notas dun estudiante que morreu tolo" o lado escuro da sociedade, a capacidade dun home para abusar do poder e utilizalo en contra dos demais (chegando incluso ó asasinato).
Volver ás orixes
Xosé Manuel Olveira "Pico" acaba de dar un cambio na súa traxectoria artÃstica. Logo de ser un dos actores asiduos do Centro Dramático Galego (o Sinbad de "Se o vello Sinbad volvese ás illas..., por poñer unha das súas últimas interpretacións), actor dalgunha coñecida serie da TVG, e actor da pelÃcula "A lingua das bolboretas", agora "Pico" decidÃu volver ás súas orixes. E faino con Teatro do Adro, volvendo ó circuito das compañÃas privadas con "Binomio de Newton". Unha obra escrita por Candido Pazó escrita para dúas personaxes, un fillo da revolución e outro do fascismo, cun ton ácido, realista e con humor.
Apoio á afección
O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais acaba de renovar os seus "votos de compromiso" co teatro afeccionado. E faino colaborando coa Federación Galega de teatro Aficcionado (Fegatea) coa que poñerá en marcha novos proxectos e continuará con outros. Comezamos polo novo. E o novo son un apoio tácito ás mostras de teatro afeccionado que se farán en Chantada, Cee, Boiro, Noia, A Estrada, VerÃn, Vigo e O Barco. Dentro do capÃtulo de novidades está a celebracion dun festival en Santiago, co que ofrecerlle un espacio de representación a este tipo de teatro. Como "continuidade" o IGAEM comprométese a reforzar iniciativas xa emprendidas anos atrás, como son a programación de cursos de formación ou acceso especial ós espectáculos que programa o IGAEM para os membros asociados de Fegatea.