Neuston: A ciencia faise arte

O proxecto activa o diálogo entre creadores e científicos

O neuston é a comunidade de organismos que viven asociados á superficie do mar, entre a auga e o aire. Non nos debe estrañar entón que este termo fose seleccionado para denominar o primeiro proxecto de combinación entre arte e ciencia que comezou hai un ano no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Estudos sobre polbos, virus ou procesos químicos foron a base dun proceso de diálogo polo que quince parellas de investigadores e creadores desen luz a outras tantas propostas creativas. Agora, este traballo amósase no Euroscience Open Forum (ESOF) que se está a celebrar desde o pasado día 18 en Barcelona, e dentro de pouco poderemos velo no noso país.


“Aínda que nun comezo estaba previsto que fose un libro, despois xurdiunos a posibilidade de o presentar no ESOF, e fixemos esta mostra”. José Pintado, comisario do proxecto desde o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, foi o responsable de coordinar tan dispares parellas. Por difícil que pareza, o proxecto conseguiu facer a partir da análise dos calamares xigantes unha banda deseñada, ou dos procesos de conservación dos alimentos un conto. “A partir de traballos coma os de Antonio Alonso sobre Enxeñaría de Procesos, Pepe Cáccamo fixo un poema. Miguél Vázquez fixo unha escultura baseada nas estruturas dos virus que estuda Antonio Figueras, Rosa Aneiros ou Fran Alonso fixeron contos... houbo moitos proxectos”.

Entre o venres 18 e o martes 22 de xullo o proxecto poderá verse no ESOF, onde fai parte das propostas do Centro Superior de Investigacións Científicas neste importante encontro no que se reflexiona sobre ciencia e sociedade. Alí unha serie de paneis amosan por unha banda os resumos dos artigos científicos sobre os que se desenvolveu o diálogo e pola outra as obras rematadas.

Está previsto que para finais deste ano ou comezos do vindeiro, o proxecto visite o Museo do Mar de Vigo e os organizadores pretenden que poida facer tamén unha xira por distintos centros de carácter científico e divulgativo do país.

Galeria Neuston

Galeria Neuston

ANTONIO A. ALONSO – XOSÉ M. ÁLVAREZ CÁCCAMO
Partindo dun artigo de Antonio A. Alonso, publicado en Journal of Theoretical Biology, de título: Estabilización de patróns inhomoxéneos nun sistema reacción-difusión baixo incerteza estrutural e paramétrica, Xosé María Álvarez Cáccamo fixo o poema: Reacción-difusión do poema en presenza de incerteza Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

XOSÉ ANTÓN ÁLVAREZ–SALGADO – VÍCTOR FREIXANES

XOSÉ ANTÓN ÁLVAREZ–SALGADO – VÍCTOR FREIXANES

Ao traballo, de Xosé A. Álvarez-Salgado, publicado en, Deep Sea Research Part I: Oceanographic Research, de título: Produción explotable na plataforma do noroeste da península Ibérica durante a época de afloramento no período 1982–1999, Víctor Freixanes confronta un fragmento da A cidade dos césares. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

EVA BALSA – MARTÍN CAEIRO

EVA BALSA – MARTÍN CAEIRO

A partir dunha conferencia de Eva Balsa sobre Identificación paramétrica de modelos non lineais, Marín Caeiro propone o Tres interfases da serie Zoografías (2007), acompañado dun texto de título: O peixe e as entrañas. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

ANTONIO FIGUERAS – MIGUEL VÁZQUEZ

ANTONIO FIGUERAS – MIGUEL VÁZQUEZ

O traballo de Antonio Figueras, Peixe cebra (Danio rerio) como modelo para estudos de vacinación contra o virus da septicemia hemorráxica viral (VHSV), publicado en Vaccine aparece acompañado dunha escultura de Miguel Vázquez da série Víricos (2003). Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

JOSÉ M. FRANCO – GONZALO NAVAZA

JOSÉ M. FRANCO – GONZALO NAVAZA

A partir do traballo de José M. Franco en Natural Toxins titulado Evidencia de derivados de saxitoxina como o axentes causantes da mortalidade masiva de focas monxe na península de Cabo Branco en 1997, Gonzalo Navaza fixo o poema, en verso alexandrino, Lámina animal. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

JOSÉ LUIS GARRIDO – DIN MATAMORO

JOSÉ LUIS GARRIDO – DIN MATAMORO

O traballo de José Luis Garrido publicado en Journal of Chromatography de título Separación rápida de clorofilas a e b e dos seus derivados desmetalados e desfitilados usando unha columna monolítica de sílica C18 e unha fase móbil que contén piridina foi o punto de partida dunha serie de obras do pintor Din Matamoro, unha das cales Sen título, 2007 aparece reproducida acompañando o texto científico. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

ÁNGEL GUERRA – MIGUELANXO PRADO

ÁNGEL GUERRA – MIGUELANXO PRADO

A partir do traballo de Ángel Guerra publicado no Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom no que da conta de Rexistros de luras xigantes (Architeuthis spp) no Atlántico nordeste e cita de dous machos en augas da península Ibérica, o debuxante Miguelanxo Prado fai unha historia en cómic de título Architeuthis. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

CARMEN G. SOTELO – XAVIER QUEIPO

CARMEN G. SOTELO – XAVIER QUEIPO

Dun traballo de Carmen G. Sotelo publicado en Journal of Agriculture and Food Chemistry sobre a Utilización de secuenciación directa de mtADN e análise de lonxitude de fragmentos de restrición mediante a reacción en cadea da polimerase (PCR) para a identificación de especies en conservas de atún Xavier Queipo propone o poema Árbore de atúns, con notas que descreben o “glosario” de temos que construen o poema, propoñéndolles aos lectores que fagan o seu propio exercicio de interpretación. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

MIGUEL ANXO MURADO – VÍTOR VAQUEIRO

MIGUEL ANXO MURADO – VÍTOR VAQUEIRO

Os modelos matemáticos para a descrición formal da fenomenoloxía hormética descritos no artigo A noción de hormese e a teoría das relacións dose-resposta. Un achegamento unificado publicado por Miguel A. Murado no Journal of Theoretical Biology son utilizados por Vítor Vaqueiro, para describir os perfís que aparecen nunha fotografía dunha paisaxe da costa galega. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

FRAN SABORIDO REY – MANUÉL VILARIÑO

FRAN SABORIDO REY – MANUÉL VILARIÑO

Do diálogo con Fran Saborido, baseado no seu traballo de Journal of Northwest Atlantic Fisheries Science de título Variación da biomasa reprodutora do bacallau (Gadus morhua) en relación con cambios no crecemento e maduración no Flemish Cap. o fotógrafo Manuel Vilaríño fai unha obra fotográfica na que inclúe retratos dos investigadores científicos. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

MARTA L. CABO – MARILAR ALEIXANDRE

MARTA L. CABO – MARILAR ALEIXANDRE

O traballo de Marta L. Cabo: Cinéticas de adhesión e desprendemento de varias cepas de Staphylococcus aureus subsp. aureus sometidas a diferentes condicións experimentais publicado na revista Food Microbiology é a base dun relato de Marilar Aleixandre titulado Staphylococcus aureus. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

ISABEL MEDINA – FRAN ALONSO

ISABEL MEDINA – FRAN ALONSO

Do estudo Actividade dos polifenois das uvas como inhibidores da oxidación das graxas de peixe e do músculo de peixe conxelado, publicado en Food Chemistry, Fran Alonso escreve o relato Pola boca morre o peixe. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

SANTIAGO PASCUAL – ROSA ANEIROS

SANTIAGO PASCUAL – ROSA ANEIROS

Do atigo en Cahiers de Biologie Marine de Santiago Pascual: Vulcanoctopus hydrothermalis gen. et sp. nov. (Mollusca, Cephalopoda): un polbo de una fosa hidrotermal de augas profundas, Rosa Aneiros fai o relato Alba ou como o polbo branco deu coa luz do sol. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

JOSÉ PINTADO – FERNANDO CASÁS

JOSÉ PINTADO – FERNANDO CASÁS

Xunto ao traballo de José Pintado, publicado en Aquaculture, de título Efecto probiótico in vivo da cepa Roseobacter 27-4 fronte a infeccións de Vibrio (Listonella) anguillarum en larvas de rodaballo (Scophthalmus maximus L.) aparece o traballo de Fernando Casás, que combina as súas obras Ouvindo Estrelas 51 e Estrelas Compartidas 92 cos imaxes de microscopía de fluorescencia obtidas polo científico. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston

MIQUEL PLANAS – MANUEL SENDÓN

MIQUEL PLANAS – MANUEL SENDÓN

Do traballo de Miquel Planas Técnicas de identificación individual de cabaliños de mar (Hippocampus guttulatus) para unha correcta xestión de reprodutores en catividade: uso de colares e mostras non invasivas para análise xenética, Manuel Sendón fai un traballo fotográfico. Textos de José Pintado Imaxes: Proxecto Neuston