O home do saco é o tÃtulo da obra coa que MartÃn Romero, nado en Boiro pero residente desde hai anos en Barcelona, conseguiu o 3.000 euros do premio GZ Crea de Banda Deseñada. Os 1.500 euros do segundo posto foron para VentrÃlocuo da alicantina Lola Lorente, residente na Coruña, mentres que Jerónimo Piñeiro, de Pontedeume, obtivo 1.000 pola súa obra Carta dende a fronte. O xurado fixo unha mención de honra a Diego Campos polo seu traballo Que ben se está en todas partes. A entrega de premios desenvolverase durante as vindeiras Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que se celebrarán o vindeiro mes de outubro.