No ecuador do ano das celebracións do 25º aniversario do Consello da Cultura Galega, o Plenario da institución aprobou onte pola tarde o plan de actividades para o ano 2009, unha reforma das súas tradicionais seccións e un importante acordo para a creación dunha rede de estudos locais que se porá en marcha en breve.
O CCG contará con seis seccións coordinadas por un membro do CCG, e serán: Lingua, Literatura e Comunicación (Victor F. Freixanes), Música e Artes Escénicas (Ramón Castromil Ventureira), Ciencia, Natureza e Sociedade (Francisco DÃaz-Fierros), Patrimonio e Bens Culturais (Iago Seara Morales), Pensamento e Sociedade (Ramón Máiz Suárez) e Creación e Artes Plásticas (MarÃa LuÃsa Sobrino). Anteriormente, o CCG contaba con dez seccións e tres comisións técnicas.
Estas seccións desenvolverán as liñas de traballo que aprobou o Plenario para o 2009: "a diversidade cultural de Europa, a pluralidade cultural ibérica ou a posición de Galicia en (e desde) os paÃses de lingua portuguesa, nomeadamente Brasil" e continuaranse con moitas das iniciativas postas en marcha desde a chegada á presidencia de Ramón Villares, coma os foros de debate e os ciclos. Tamén se aprobou a posta en marcha dunha rede cos Centros de Estudos Locais coordinada desde o CCG.