Vinteún anos despois a súa morte, hoxe celébrase en Mondoñedo o Día de Cunqueiro para lembrar o autor máis coñecido deste Concello. Varios actos honrarán a memoria do autor de " Merlín e familia" tentando consolidar unha celebración nacida no 2001 con ocasión do seu vixésimo cabodano. Case simultaneamente, onte presentousa na Facultade de Filoloxía da Coruña unha tese que analiza a presencia deste autor na radio e a adaptación dos seus textos para este medio.
Actos de homenaxe
Logo dos actos que o pasado ano se celebraron con ocasión dos vinte anos da morte de Cunqueiro, o concello de Mondoñedo quere consolidar a celebración do cabodano deste escritor establecendo a data do 28 de febreiro coma Día de Cunqueiro.
Así, ás dez da mañá de hoxe celebrouse unha ofrenda floral na tumba do autor mindoniense, durante a cala a escolanía Mestre Pacheco interpretou un poema de Cunqueiro musicado polo director da escola de música municipal Xan Carballal.
Media hora máis tarde o salón de plenos do Concello acollía o comezo dunha lectura pública da novela "As crónicas do sochantre", na que participan o director de "El Progreso", Xosé de Cora, o deán da catedral, Enrique Cal Pardo, e o tenente alcalde do Concello, Alfonso Cancela. Tamén seguirán a lectura estudiantes do IES San Rosendo e nenos do colexio público Álvaro Cunqueiro.
O pasado día 22 a Deputación de Lugo reeditaba "O reino da chuvia", unha escolma de artigos do autor mindoniense recompilada por Mabel Mato.
Tese doutoral
O xornalista Xosé Manuel García Vázquez presentou onte na Facultade de Filoloxía da Coruña a súa tese doutoral "O radioteatro. A transposición radiofónica do teatro de Álvaro Cunqueiro". Neste traballo García Vázquez investigou a actividade de Cunqueiro na radio, medio co que colaborou regularmente ó longo da súa vida. Segundo o autor, Cunqueiro foi o único autor do Estado que adaptou o teatro á radio. Para soster esta idea, García Vázquez investigou as adaptacións feitas polo mindoniense de obras propias coma "O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca" ou "A noite vai coma un río" entre outras. Segundo el a linguaxe empregada polo autor e a "grande sonoridade dos textos" favoreceron esta adaptación ó medio radiofónico dos textos.
García Vázquez tamén sinalou a rcuperación feita por Cunqueiro do radioteatro coma xénero nun intre no que as readionovelas estaban a desaparecer.
A tese foi calificada cun sobresaliente cum laude por un tribunal que estivo presidido polo catedrático de Comunicación Audiovisual Román Gubern.