Unha pantasma parda percorre a cultura galega. O licor café está a aparecer con forza en diferentes manifestacións culturais do paÃs. A música, o deseño, a banda deseñada ou a literatura están a se enchoupar deste lÃquido. ¿É o licor café unha nova gasolina cultural?
Cando o proxecto de difusión internacional da nosa música, Galician Tunes se presentaba, un dos materiais promocionais que se distribuÃron foi unha caixa que contiña catro botellas de licor que simbolizaban diferentes aspectos da música galega. A caña de herbas como esencia celta, a tostada coma a conexión lusófona e a de herbas coma o vencello europeo. Nese conxunto, o licor Café ocupaba un lugar de excepción a representar a fusión cos elementos americanos que achegou a emigración galega. Esta é só unha mostra de como esta bebida está a ser facer un oco na cultura do noso paÃs.
O himno: Lamatumbá
A súa canción “Licor do negro café” é un auténtico himno dedicado a esta bebida, que triunfou por festas, concertos e verbenas. Para alén, é habitual a presenza desta beberaxe nas súas presentacións e festas. A composición, segundo nos explica Pedro Feijóo desde o grupo, ten ademais conexións internacionais. A estela do produto pódese seguir en O Sonoro MaxÃn, o grupo que Ico, compositor deste tema, formou despois de abandonar o colectivo orixinal. Máis recentemente, tamén Skandalo GZ, desde Ponteareas, teiman en lle cantar ao lÃquido elemento na edición deste verán do concurso A polo Ghit.
A conexión Hip-hop: Licor Kafé Producciones
A penúltima mostra da inquedanza cultural arredor desta bebida é o nacemento de Licor Kafé Producións. Esta firma viguesa, vencellada ao hip hop, representa grupos coma El Puto Coke ou 040 optou directamente por se bautizar co nome do licor. Doutra volta, o LK simboliza o encontro entre a esencia galega e mais a música negra coa que traballa este colectivo. O propio Jorge Céspedes, Coke, explÃcanos a elección polo miúdo.
O deseño: Rei Zentolo
As camisolas demostraron ser nos últimos anos unha das mostras públicas máis destacadas da crecente presenza do licor café na nosa cultura. Desde aquela na que Keith Richards dos Rolling Stones aparece amarrado a unha botella do prezado lÃquido a aqueloutra que transforma as letras da Coca Cola nun anuncio máis autóctono. Manis, Caramuxo, A Vaca Láctea ou Rei Zentolo, que dedica un deseño a este tema en cada un dos seus catálogos, son algunhas das firmas que xogaron con esta bebida e coas súas posibles representacións desde a óptica do deseño. Desde Zentolo Pablo RodrÃguez insiste en que na firma “temos unha relación moi estreita co licor café, e tennos axudado moito, tanto detrás como diante da cámara” e insire ademais a expansión desta bebida cun certo rexurdir de iconas enxebres.
A banda deseñada: David RubÃn
Discreta pero constante, a bebida parda ocupa un lugar na obra de David RubÃn. Non é estraño que nas súas bandas deseñadas algún personaxe apareza cunha copa escura na man. Para alén, este material é imprescindible en toda presentación e sesión de sinaturas do autor, e é que, segundo recoñece, as súas orixes ourensás achegárono a esta bebida xa desde a propia adolescencia.
Outras propostas
Tamén nas letras atopa esta bebida o seu quiñón. Obras coma Unha puta percorre Europa de Alberto Lema, sitúan a bebida nalgunha escena. Tampouco lle é alleo o LK a Horacio Dopico, o detective que protagoniza dúas novelas de Diego Ameixeiras. No campo audiovisual, temos Licor Kafé films, produtora que creou a curta Toxic Percebe, unha curiosa proposta con perceberos ninja e Tonhito de Poi no elenco que tira do humor e dos recursos da serie B para facer denuncia pola catástrofe do Prestige. Tamén en “A noite de deixou de chover” na que o director Alfonso Zarauza retrata uns composteláns que, segundo LuÃs Tosar, protagonista do filme, "viven para beber licor café e absenta e falar de poesÃa". En Last Fm e no web do Comando Leproso atopamos, con logo incluÃdo, o grupo Amigos do Likor Café. Son só pequenas mostras dunha tendencia que colle forza.