A piques de fechar a súa programación, o Salón de Cangas adiántanos os seus convidados. O galego Tirso Cons, o catalán Manel Fontdevila e o arxentino Al Barrionuevo, coñecido polos seus traballos para a industira americana, son o trÃo de autores que participarán nesta edición. Ademais de cadansúa charla e exposición ofertarán sesións de sinaturas. Tamén estará presente no evento, como xa vai sendo habitual, Horacio Altuna. O cartel deste ano corre por conta de Kenny RuÃz e poderá verse no Auditorio a exposición 10 anos de BD galega, coordinada pola AGPI. Os interesados en se achegar ao evento poderán disfrutar tamén de proxeccións de filmes e de obradoiros de BD a cargo dos autores Julius e LuÃs Da Vila. Todo a partir do vindeiro 21 de xullo na vila mariñeira.