Un ano máis, a iniciativa radiofónica Ponte... nas ondas sae ao ar. Será este sábado 6, cando centros escolares de Galicia e Portugal se unan de novo nesta experiencia, coa participación de Luar Na Lubre, Vozes da Rádio e Socorro Lira, canda a moitos outros persoeiros das dúas bandas do Miño. Entre as peculiaridades desta edición está o interese por reivindicar a nova oportunidade de que noso Patrimonio Inmaterial común sexa recoñecido pola UNESCO e mais o feito de que haberá unha retransmisión televisiva da proposta por parte da Universidade de Vigo. Santiago Veloso, coordinador deste proxecto, explÃcanos máis polo miúdo o que nos agarda este sábado.