Bren Entertainment prepara en Santiago a película en 3D "Pinocchio 3001"

Cuestión de efecto

Onte estivo en Santiago Daniel Robichaud. Dito así podería pasar desapercibido, pero se dicimos que foi o creador do afundimento do Titanic de Jamen Cameron polo que levou un Óscar, as cousas xa empezan a cambiar. E a súa presencia en Santiago non foi de turista, senón que veu a traballar. Concretamente a presentar a primeira longamatraxe que realiza "Pinoccio 3001", un filme de animación 3D futurista e hiperrealista na que a empresa galega, Bren Entertainment, traballará. E se falamos de presentacións, temos que falar de "Un mundo de histoiras" a nova serie que a Televisión de Galicia estrea o vindeiro luns e na que adapta contos de escritores galegos.

A Bren médralle o nariz


A producción "Pinocchio 3001" terá participación galega. De feito esta longametraxe, de corte futurista e hiperrealista coproducido por Canadá, España e Francia, conta co colaboracion da empresa Bren Entertainment, a división de animación do grupo Filmax que dirixe Xulio Fernández. Será en Compostela, nos estudios que a factoría ten en Área Central, onde se elaborarán os decorados interiores e exteriores deste "Pinocchio 3001". E na realiación, un oscarizado, Daniel Robichaud, un experto en efectos especiais quen asegurou que neste proxecto "desenvolverán novas técnicas para acelerar os procesos de producción. E que empregarán unha serie de software en 3D que permitirá un acabado óptimo con menos recursos". Con esta obra o que se pretende é unha visión futurista, pero sendo fiel ó conto tradicional, do conto de Pinocho que nesta serie se convirte nun robot. O filme, que se estrearéá a finais do ano que ven, e ten un presuposto que supera os 8,7 millóns de euros (1.447,56 millóns de pesetas).

A serie literaria da TVG


O vindeiro luns a Televisión de Galicia comezará a emisión dunha serie que xa nos anticipou o pasado 25 de xullo. Trátase de "Un mundo de historias", unha serie que pretende achegar a vida de "xente normal" que sae do común con historias chegadas do sistema literario galego. E é que os relatos de Castelao, Rafael Dieste, Méndez Ferrín, Ánxel Fole, BlancoAmor, Casares e Otero Pedrayo forman parte deste proxecto que, segundo Antón Dobao, director desta serie, busca a conexión da linguaxe audiovisual coa literaria. Neste ambicioso proxecto tamen colaboraron Xosé Luís Méndez Ferrín com asesor literario, Roberto Vidal Bolaño (actor e guionista) e Francisco Fernández Noval (guionista) que, con Anxo Quintanilla (da CRTVG) fixeron a presentación deste evento.
A serie está formada por 7 capítulos de 55 minutos de duración e de 19 millóns de pesetas de custo, sendo Pórtico a productora encargada de realizalo.