O Centro Coreográfico Galego colabora co Mercat de les Flors de Barcelona para organizar o Mov-s Galicia. Trátase dun encontro ao que asistirán profesionais da danza e as artes do movimento e que pretenden reflexionar sobre as condicións para a creación coreográfica. O evento desenvolverase na Illa de San Simón entre o 15 e o 18 de xuño e, segundo confirma o boletÃn E_scena do IGAEM xa ten 200 inscritos. O programa deste encontro inclué debates, grupos de traballo, relatorios e exhibicións artÃsticas.