"Un reto e un estÃmulo." Deste xeito se presentaba onte a décimosexta función do Teatro de Ningures: "A tráxica historia do doutor Fausto". Unha historia clásica desde un punto de vista contemporáneo que aborda os pactos que diariamente fai cadaquen co demo que leva dentro. Unha obra que se poderá ver mañá as 22 horas no Teatro Principal en Santiago. E a función que comeza hoxe é a do Congreso sobre o Teatro que se celebra noutro Teatro Principal, nesta vez en Ourense. Pero hai máis funcións, e é a da xira "Asteroide B-612" que comeza o seu periplo polos centros escolares en Ferrol. E todo isto cando dous novos volumes da colección "Pillado Mayor"
Teatro de Ningures
Os pactos particulares, os de todos os dÃas a cambio de satisfacer a nosa ansia de posuir ou de saber é o tema principal da obra que mañá representará no Teatro Principal o Teatro de Ningures. E é na mesma na que esta compañÃa de teatro do Morrazo pretendeu unha versión, o máis fiel posible, á coñecida obra de Christopher Marlowe. E todo desde un punto de vista e desde un plantexamento contemporáneo que dirixirá Etelvino Vázquez e no que interveñen Santiago Cartegoso, Fran Perdes, Pepa Barreiro e Sonia Rúa.
Con esta montaxe, Teatro de Ningures, que chega á súa décimosexta representación, continúa fiel á súa liña de alternar a representación de textos clásicos con outros de autores contemporáneos. Entre os seus proxectos de futuro máis inmediatos está levar ó escenario a obra "CÃrculo" de Suso de Toro.
Congreso de Teatro
Desde hoxe e ata o vindeiro dÃa 22, o Teatro Principal de Ourense acolle unha das primeiras citas coas que pretende festexar os seus dez anos. Trátase do "I Congreso de Teatro" que traerá a xente de primeiro nivel dentro do panorama escénico. No programa previsto para hoxe, ademais de facer un repaso pola propia historia do teatro principal. Xunto a esta presentación de caráter máis xeral, o profesor Angel L. Hueso Montón, Catedrático de Historia do Cine da Universidade de Santiago de Compostela, abordará as "Interrelación Teatro-Cine". Logo da súa ponencia Amado Ricón, Presidente do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) abordará un relatorio titulado "O teatro galego actual". De xeito paralelo ó congreso realizarase outra serie de actividades, como é unha exposición de obxectos que pretenden centrar a longa traxectoria do Principal. Un centro que, malia que celebra os dez anos, ten unha historia máis longa por detrás plagad de peches, rehabilitacións e mesmo de funcionamento como sala de cine. Entre os obxectos que se exhiben está un cartaz de representación da obra "Antonio Pérez y Felipe II", do ano 1842.
Xira
O asteroide B-612 de Berrobambán comeza unha nova andaina en Ferrol. E no seu programa que ten para os escolares poñerá en marcha "Dous contos sen final e un final por fin", que é a segunda incursión do grupo no teatro musical e que conta a historia dunha avoa que queda durmida sen contar o final dun relato e que o neto coeza unhaaventura con personaxes un tanto surrealista. Nesta campaña, promovida pola conselleria de Educación e a concellerÃa de Cultura ferrolá e poderán incluirse de xeito gratuito todos os colexios interesados.
E falando de incorporacións hai dúas novas. Pero son as dos dous últimos volumes que acaban de editar conxuntamente o IGAEM e a Universidade da Coruña á colección "Pillado Mayor". Dúas novas obras dramáticas que son : "O espaço literario do Teatro" de José Oliveira Barata, e "Nun pregue de veludo" de Alexandre Ballester que fan os números 15 e 16 da serie.