Os circos piden á Xunta a creación dunha Lei de Espectáculos circenses

Había unha vez...

Cinco circos para dous millóns e pico de persoas: parecería que non habería problemas para sacar beneficios, pero segundo os directivos do Sindicato Galego de Espectáculos de Circo (SGEC), cada vez teñen máis dificultades para continuar co mellor espectáculo do mundo. O SGEC anunciou onte na Coruña que solicitou á Xunta de Galicia a creación dunha lei que permita homologar os requisitos municipales para a instalación das carpas.

O difícil traballo de acampar


Pablo Carcaño, ilusionista e secretario do SGEC, indicou os problemas cos que se atopan as cinco compañías circenses: "uns concellos piden unhas cousas e outros consellos piden outra. ás veces mesmo certificados dos colexios de arquitectos da privincia", segundo declaracións recollidas por El Ideal Gallego. Outro problema é o diñeiro que custa alugar unha superficie nos concellos. Facelo adoita custar un mínimo de 300.000 pesetas por día nas cidades. Tan só fai falta un pequeno cálculo mental para darse conta de que moitas das funcións circenses dan a penas para cubrir gastos. A SGEC solicitou á Xunta de Galicia a elaboración dunha lei que permita que tódolos concellos establezan os mesmos trámites administrativos para instalar os circos nos espacios municipais.

Á busca de alternativas


En Galicia viven unhas 150 familias do mundo do circo e os cinco circos son o Olimpia, Eurocirco, o Wonderland, o Venecia e a Cidade dos Muchachos. Moitos de nós estamos acostumados a ver os seus coloristas carteis nas entradas das vilas galegas. Pero o propio fenómeno da carpa, os leóns nas gaiolas e as rulotes nos recheos dos portos semellan estar a piques de desaparecer. O primeiro experimento será a creación dun novo espectáculo, Payasilandia, que se estreará o 2 de marzo en Ourense e á Coruña o 23 e 24 de marzo. Será un dos primeiros espectáculos circenses galegos pensados para realizarse en lugares distintos ás tradicionais carpas. Centros deportivos ou teatros serán os espacios onde se celebren estas novas sesións. O problema dos trapecistas, que habitualmente empregaban un sistema suxeito nos teitos da carpa, empregarán outro tipo de mecanismos para poder realizar as acrobacias. E un guiño á busca de público novo: introducirán personaxes televisivos coma os Simpon.