Como podes ver, hoxe culturagalega.org estrea unha nova cara na súa páxina de inicio. O novo deseño do portal define unha nova etapa para o portal de divulgación do Consello da Cultura Galega, que comeza hoxe e que se irá plasmando en diferentes proxectos que verán a luz de xeito gradual ao longo de todo este ano. Esta transformación defínese por dous eixos: máis contido atractivo e de calidade e maior proximidade e utilidade final ao usuario.
Para o usuario habitual, o cambio máis radical percíbese na portada de culturagalega.org. A nova portada permite visualizar máis información en menos espacio e divide a superficie en áreas de contido. Na zona superior, figura a edición diaria de noticias de culturagalega.org, que desta volta potencia moito máis información, a análise, a información de anticipación e a divulgación. A zona de noticias está dividida en tres áreas: á dereita de todo está o Dossier, cos principales titulares de cultura dos medios galegos, e que se ofrece aos usuarios ao redor das 09:30 h. todos os días. No centro están os feitos do día, actualizados ao longo da mañá. Esta columna está orientada a que poidas saber que vai acontecer e que acontecerá; nela relacionaremos o presente cos nosos extensos arquivos e contaremos os principais feitos da cultura. Á esquerda están as nosas propostas para o día, que abordan a actualidade dun xeito máis interpretativo e divulgativo, no que as olladas, as perspectivas, os diálogos, as tendencias e os debates son clave, desde unha perspectiva multimedia e con formatos narrativos en continua evolución. Máis información, máis atractiva e máis útil.
O concepto Tempo é fundamental para comprender a nova culturagalega.org, que se configura como un observatorio para explorar o pasado, o presente e o futuro inmediato da cultura galega. Como podes ver, o menú superior simplifícase moito, prestando atención especial a tres ítems: Agora, Antes e Despois. Agora, a páxina do inicio que recibe ao usuario, é unha instantánea única do presente da actividade de culturagalega.org. De Agora pódese avanzar ou retroceder no tempo, explorando os dous usos fundamentais que fan os usuarios desta web. O Antes leva a un buscador mellorado, e moito máis rápido, que explora contidos non só en culturagalega.org. O Despois trasládanos a unha información de axenda máis potenciada, para poder planificar a nosa vida cultural ao longo de todo o país.
De portal a plataforma
Por debaixo das noticias, os usuarios poderán apreciar en vivo a actualización de boa parte das áreas de culturagalega.org, que se representan en portada cos últimos contidos incorporados. Deste xeito, levamos a portada as últimas novidades da cultura galega que aparecen no mercado cultural, o fluxo de vídeos incorporados que entran no sistema, as actualizacións dos álbumes biográficos, os certames que van rematar o prazo... Nos vindeiros meses, ademáis, esta estrutura de módulos horizontais facilitará a incorporación de máis contidos e novas posibilidades destinadas a orientar a culturagalega.org como unha gran plataforma coa que podes interactuar e extraer aquel contido máis próximo a ti e aos teus intereses, á que podes acceder desde o noso dominio ou desde calquera outro lugar.
Por suposto, como calquera redeseño, nas vindeiras semanas irás vendo pequenos ou grandes cambios nas maquetas interiores do portal. Estaremos traballando facendo cambios graduais e axustes en todas as áreas, xa que os redeseños son procesos abertos e complexos. Por suposto, podes achegarnos as suxestións que consideres en redaccion@culturagalega.org. Estaremos encantados de coñecer a túa opinión.
Benvidas e benvidos á nova culturagalega.org.