Cultura situa ó audiovisual galego entre os máis importantes do Estado

Con importancia

A Casa de Galicia en Madrid cumplía dez anos. E nese aniversario o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual da Consellería de Cultura, Ignacio José Otero quixo partir unha lanza a favor do audiovisual galego. E fíxoo situando a Galicia entre as caro comunidades autónomas con maior peso no sector apoiándose nos datos de facturación, porcentaxe de cremento e previsións para este ano. E xa que falamos de audiovisual non debemos esquecernos dun ciclo de cine en Vigo e de novas proxeccións na Coruña.

No ranking


Nun dos actos de celebración do décimo aniversario da casa de Galicia en Madrid, o audiovisual era o gran protagonista. E por iso ata alí se desprazou o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual da Consellería de Cultura, Ignacio José Otero, quen aproveitou para facer un ránking das comunidades autónomas con maior peso. Destacou a importancia de Madrid e Cataluña como cabeceiras indiscutibles do sector (nesta orde) e sinalou que o "terceiro e cuarto lugar, indistintamente, afectan ó País Vasco e a Galicia, com segunda orde de referencia. E para apoiar a súa afirmación puxo datos sobre a mesa: que este ano se facturaron uns 60 millóns de euros (10.000 millóns de pesetas), un crecemento do 158 % nos últimos seis anos e unha previsión de crecemento superior ó 30% durante o 2002. E todo iso reforzado, sempre segundo o seu criterio, polo feito de que o sector audiovisual ten "carácter estratéxico e prioritario por lei". Unha lei que se aprobou hai dous anos e da que agora mesmo se están a constituir as entidades que contempla para o seu regulamento (a film commission e o Consorcio do Audiovisual). Segundo o director xeral, este bo camiño está marcado por dúas fases: a creación dese Consorcio que actuará como verdadeiro motor para o desenvolvemento do sector e, posteriormente, entidades sen ánimo de lucro e asociacións profesionais vencellada ó mundo do audiovisual.

Vigo e Santiago


Esta noite dará comezo en Vigo no vídeo-forum Alecrín un ciclo moi especial. Coincidindo con que se achega a data do día da muller traballadora (o 8 de marzo) o grupo de estudios sobre a condición da muller Alecrín inicia un ciclo de actividades. E entre elas destaca este ciclo de películas coetnadas que pretenden analizar a vida das mulleres. Na primeira edición de hoxe, que contará coa presencia de Marilar Aleixandre, preténdese render unha homenaxe a Phoolan Devi, a chamada raíña dos bandidos. E para iso proxectarase o filme "A raíña do bandidos" do director Shekhar Kapur.
E de ciclo a ciclo está o que desde hoxe ata o venres se desenvolve no Centro Galego de Arte Contemporáneo. É a segunda parte do ciclo de "debuxos animados politicamente incorrectos". Un ciclo que pretende exhibir cartoons que non chegaron á exhibición comercial por problemas coa censura por desavinzas de corte ideolóxico ou porque non supera a súa



Coruña


E en Coruña esta semana haberá tamén que falar de cine porque dúas das institucións máis activas: o Forum metropolitano e o CGAI por outra banda organizan sendas produccións. O Fórum fará o propio con "Querelle" un expoñente do novo cinema alemán que conta a historia dun mariñeiro francés.
E outro cheo completo (como o acadado coa visita de Jose Luís Guerín) foi o que conseguíu o CGAI con "Caracas amor a muerte". O filme dun director de Caracas afincado na Coruña que cun pequeno presuposto (uns 240.000 euros -uns 40 millóns de pesetas-) que conseguíu o Festival Internacional Latino de Los Angeles.
E seguimos co audiovisual e en Coruña, porque o tamén coruñés Xosé Xapata acaba de gañr o festival de Vídeo de Sabadell. E fíxoo coa cinta titulada "Amando de Ossorio, o último templario" producida por Lorelei produccións e que gañou o primeiro premio na categoría Vídeo do pasado Festival Internacional de Ourense e que foi seleccionado polo Festival de Cine Fantástico de Porto para ser proxectado hoxe.