Ibsen e "Os espectros" : un antes e un despois. Con el arrancou hai un século en París, o teatro contemporáneo. E con el o Centro Dramático Galego inicia unha nova etapa e un novo espectáculo. Mañá en Santiago representarase, da man da dirección do portugués Rui Madeira e coproducida pola Companhia de Teatro de Braga, "Os espectros" cos que iniciarán unha xira por cidades lusas e polo circuito teatral de Galicia. E non só iso, esta noite remata en Santiago as funcións coas que Uvegá Teatro celebra algo inusual nas compañías teatrais galegas, cumprir quince anos enriba das táboas. E outro feito inusual foi o premio que acaba de recibir Roberto Vidal Bolaño como mellor autor teatral galego nos premios Irmandade do Libro que concede anualmente a Federación de Libreiros.
Ibsen-cdg
O teatro en Galicia vai con retraso, e vai pouco a pouco superando e vencendo as barreiras. Non é unha práctica normalizada, tal e como afirmaba o director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede Oliva, nunha entrevista publicada por Culturagalega. E é que non é moi frecuente nin habitual que unha das obras claves dentro da práctica escénica, como o son as de Ibsen, se estreen un século despois de que marcaran un cambio de tendencia no panorama teatral europeo. E a explicación a esta situación, ofreceuna o propio Guede na rolda de prensa de presentación do espectáculo, "porque hai proxectos que non se poden defender se non se conta con magníficos actores". E agora hainos. Antonio Durán Morris e Luisa Merelas son Osvaldo Alving e a señora Elena Alving, acompañados no escenario por Miguel Pernas, Miguel López e Mónica García. E os espectros presenta hoxe, un século despois da súa presentación, un cambio de tendencia, xa que implica relanzar proxectos que marcan ese camiño común co norte de Portugal iniciado polos Camiños Teatrais. E é que "Os espectros" están dirixidos por Rui Madeira e coproducidos pola Companhía de Teatro de Braga, o que amosa a capacidade de amalgamar dúas culturas e dúas metodoloxías de creación artística.
Quince anos
Uvegá teatro cumpre quince anos. E celébrao facendo o que mellor sabe: representando. Para este simbólico aniversario e co acercamento do día da muller traballadora (que se celebra o 8 de marzo), o seu director preparou unha ácida comedia sobre mulleres con textos do nóbel Darío Fo e da súa muller Franca Rame. Así, o novo espectáculo de Uvegá teatro é unha obra sobre mulleres, escrita e dirixida por un home e á que están convidadas (literalmente) todas as asociacións de mulleres. É un espectáculo feminino pero non feminista aberto a todos os públicos e que se representou desde o martes e ata hoxe no Teatro Principal. É unha comedia salpicada de situción grotescas, unha risada constante e que se van centrando nos pntos que máis doen ó eterno antagonista da muller.
Roberto Vidal Bolaño
E Roberto Vidal Bolaño volve a ser noticia por outro premio. Esta vez é o premio Irmandade do libro que na súa modalidade de mellor autor pola súa traxectoria artística recaeu no dramaturgo coruñés. Da novena edición deste certame, co que a Federación de Libreiros pretende galardoar ás persoas e entidades que apoian a difusión e a lectura de libros escritos en lingua galega, só se coñece este galardoado. O resto de categorías do certame (centros de ensino, medios de comunicación, institucións, libreir, autor, mellor libro en galego) coñeceránse o vindeiro sábado.
Roberto Vidal Bolaño sabe perfectamente o que é recoller un premio. As súas obras "Laudamuco, señor de ningures" e "Bailadela, noite ditosa" foron recoñecidas co Premio Abrente, "Percival" coa medalla de Ouro cidade de Valladolid e "Saxo Tenor" co Premio de textos teatrais Álvaro Cunqueiro.