Vigo honra a Francisco Mantecón, un representante do grupo "Atlántica"

Manteca en abstracto

Este xoves, o Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo albergará un acto singular. Trátase da homenaxe a Francisco Mantecón (1948-2001) e ten de especial que será a primeira homenaxe que recibe desde a súa morte a principios deste ano. O acto congregará a numerosos literatos, artistas, políticos xa que na súa vida Mantecón desenvolveu a súa actividade en múltiples frontes. Na homenaxe exhibiránse imaxes e reproduciranse fragmentos sonoros que constitúen un percorrido biográfico, unha das súas facetas menos coñecidas.

Moitas caras coñecidas




Ánxel Huete, Carlos Casares, Carlos de la Peña, Carmen Martínez-Corbalán, Carme Panero, Fernando Franco, Germán Mantecón, Gonzalo Navaz, José María Fonseca, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Luis Méndez Ferrín e unha longa lista de caras moi coñecidas teñen unha cita común este xoves en Vigo. Será ás oito no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo, nun acto organizado por Antón Goyanes, Carmen Parada, José Antonio Paredes, Manuel Bragado, Manuel G. Vicente, Félix Cal, Xan Traba, Xulio Correa e Xulio Taboada. Son entidades financeiras Caixanova, o Concello de Vigo, Obradoiro Gráfico, RP3 Vigo e Edicións Xerais de Galicia, de sectores ben diferenciados o que amosa o heteroxéneo da súa actividade. É unha homenaxe coa que pretenden honrar a unha personaxe importante dentro do panorama artístico e literario que pertenceu a un dos movementos máis esquecidos da plástica contemporánea: o proceso abstracto que aglutinou o grupo "Atlántica".











Plástica de Mantecón



Pintor e deseñador Francisco Mantecón (Vigo, 1948-2001) obtivo a súa maior formación na Escola de Belas Artes de Barcelona, onde entrou en contacto coa base debuxística, cromática e compositiva. Un coñecemento teórico que plasmaría na súa obra á volta a Galicia, onde "conectaría" con toda unha corrente expositiva moi en boga neste país. Trátase do proceso abstracto que tivo nun grupo concreto "Atlántica" os seus máximos expoñentes.

A súa obra entrou en contacto co público moi novo, con tan só 20 anos, cando participaba nas exposicións colectivas ó aire libre na Praza da Princesa. Logo foi evoluíndo ata unha arte meditada, singular afastada de espontaneidade ou expresionismo á moda.
Desde entón a súa obra enlazou cunha corrente formalista soviética, con abstacción conceptual, grandes formatos, exiquiteces técnicas e sinxelas sobre papel, xogando con formas e matices de cor, con transformacións xeométricas, desmembrando planos, xogando coa percepción e coa espacialidade.










Outras actividades do artista


Desde a súa chegada de Barcelona, Mantecón desenvolveu unha intensa actividade cultural non só circunscrita ó mundo plástico, senón máis vencellado ás creacións literarias e gráficas. Foi o deseñador das etiquetas das botellas de Terras Gaudas, packs de coservas Alfageme, as fachadas de Frinova e de Adega das Aira. E sobre todo as colaboracións estiveron relacionadas co sector editorial, no que colaborou permanentemete con Manuel Janeiro nos deseños de Galaxia; así como os deseños de numerosas coleccións de diferentes editoriais: Sotelo Blanco ("Clásicos Galegos"), de Xerais ("Ferros"), Edicións do Cumio ("Cómplices"); así como o deseño das revistas "A trabe de Ouro", ou o "Anuario de Estudios Galegos".