Vigo está de cinco. Cinco venres, cinco obras e cinco compañías son as encargadas de botar a andar o I Festival de Teatro Alternativo que se celebrará en Vigo a partires de hoxe. E de teatro a teatro, xa que o día que remata o evento vigués, estréase en Santiago unha obra moi agardada. Falamos de "Espectros" unha das obras máis emblemáticas de Ibsen, na que está a traballar desde hai un tempo, o Centro Dramático Galego. Comeza a función.
Cinco venres de teatro
Desde hoxe e ata o 1 de marzo os venres de Vigo teñen un referente: o teatro. E é que comeza o I Festival de Teatro Alternativo que se inicia no auditorio do Concello. Un certame que pretende achegar o público uns espectáculos inéditos en Galicia, e conseguir ofrecer unha maneira de entender o teatro particular para cada compañía. E para iso, os organizadores do festival conseguiron reunir nun progrma a grupos de "acreditado prestixio", segundo fontes da organización, chegados de diferentes puntos para conseguir qeu se convirta nun referente anual da escea alternativa.
O pano abrirase esta noite con "Solo y cía" (Teatro de la Cucaña) uns especialistas ded conseguir abrir e renovar inguaxes escénicas ó servicio dun teatro en "vivo" e que poñerán en marcha a súa visión do teatro con "Wagadú", unha reivindicación e homenaxes a África.
A seguinte cita será o día 8 con "Los Cafiolos" que pretende amosar en MK054, un espetáculo efectista e estético, a través do que narrar diferentes situacións dramáticas.
O terceiro acto, o venres 15 de febreiro, chega da man de AKATTeatro, uns defensores da liberdade da obra como a que lle dá vida a unha montaxe teatral e que marque as reglas que impón o propio proceso de montaxe. E os seus postulado teóricos poñeráos en marcha con "Friks", unha historia que acontece en tempo cero, con seis persoas que morreron en lugares diferentes e circunstancias distintas.
Cuarto acto: Noesacafé Teatro representará o día 22 de febreiro unha metasituación, é dicir, tentarán explicar a historia dunha compañía que se vai quedando sen compoñentes pouco antes da estrea. E todo dándolle un ton crítico e irónico sobre o precio que hai que pagar para ser una "estrela" hoxe en día.
E o pano caerá o vindeiro día 1 de marzo con T.O.N.G.O., unha compañía de recente fundación con claros obxectivos artísticos "facer rir", e que ten uns postulados que poñerá en marcha con "Manifesto" que está baseada na obra Edipo Rei.
Proximamemente
E o mesmo día que remata o Festival de Teatro Alternativo, Santiago acolle o relevo teatral. E é que ese día, primeiro de marzo, terá lugar a estrea de "Espectros", unha das obras máis emblemáticas de Ibsen(Skien, 1828- Oslo, 1881) e que é un drama sobre a opresión e a hipocresía da sociedade burguesa. Unha obra que dirixirá o actor e director luso Rui Madeira, que é o responsable da dirección da Compañía de Teatro de Braga. Un reparto que conta con acotres e actrices galegos con Luis Merelas no papel da señora Alving; Antonio Durán Morris como Osvaldo; Miguel Pernas en calidade de reverendo Manders; Miguel López Varela como Engatrand e Mónica García como Rexina.