Hai dez anos comezaba a presencia en Galicia do álbum ilustrado. Este formato ata o de entón case descoñecido na nosa industria editorial supuxo un auténtico revulsivo e lanzou á sona internacional ilustradores, autores e editoras do noso país. Analizamos, da man de Xosé Antón Neira Cruz, a historia e as posibilidades deste tipo de obras.
Ao falarmos de álbum ilustrado estamos a nos referir a un formato no que ilustración e texto dialogan entre sí, a miúdo permitindo que a parte plástica teña un peso mesmo superior á literaria. O álbum ilustrado é un produto editorial no cal se fomenta o diálogo entre as distintas formas de crear, explica Xosé Antón Neira Cruz, destacado investigador en Literatura Infantil e Xuvenil e director de Fadamorgana revista especializada neste ámbito. Esta é a definición máis aberta que se pode dar, é un punto de encontro. Na maior parte dos casos, falamos de libros dun certo tamaño, no que a ilustración comparte protagonismo co texto ou mesmo supón o eixe fundamental da obra. No actual panorama galego, é habitual a aposta por traballos de autor, no que se potencia unha expresividade e unha experimentación que afastan este tipo de obras do seu orixinario público infantil. Hai dez anos, a posta en marcha de Kalandraka supuña a primeira aposta dunha editora que tiña como obxectivo fundamental traballar este formato, ata o de entón practicamente ausente das nosas letras. Deste aquela, a presenza constante de obras elaboradas en Galicia nos Premios Estatais de Edición, na lista White Ravens, ou na selección internacional dos libros infantís e xuvenís mellor ilustrados é constante. Ao tempo, as traducións a idiomas foráneos acadan neste tipo de obras unha relevancia nunca vista con anterioridade nas nosas letras.
O medo e a realidade
Había un medo inicial a este ámbito basicamente por custos editoriais. Pensábase que facer álbum ilustrado con toda a calidade que o produto esixe sería imposible polo tamaño da nosa comunidade cultural, explica Neira Cruz. E é que o formato esixe un investimento moi superior ao dun libro convencional. Á impresión a cor e en bo tamaño que caracteriza estas obras, cómpre sumar os custos a nivel de dereitos de autor, que a miúdo se duplican por seren obras feitas en colaboración, ou o propio prezo do material necesario para elaborar as ilustracións. No entanto, logo dunha década, a rendibilidade do formato está máis que demostrada, e o éxito internacional e a expansión de Kalandraka, cunha filial en Andalucía, deu nunha toma de consciencia xeneralizada sobre as súas posibilidades. As cifras demostraron que se poden ir levando gracias en parte á penetración que está a ter, e non só na comunidade galega.
A influencia editorial
O mérito inicial de Kalandraka é salientable, foron os que puxeron en marcha a dinámica, do mesmo xeito que noutros ámbitos hai que lle dar méritos a outras editoras. Eles tiñan claro que querían facer este produto, con calidade comparable ao que se facía en Europa. Actualmente existe outra editora, Oqo, na mesma liña de traballo, con proxectos distintos, pero seguindo a idea de excelencia e de calidade. A idea ata certo punto trasladouse ás editoras existentes, Galaxia reforzou o traballo nese ámbito, o mesmo que Xerais, Sotelo Blanco ou Everest, resume Neira. O traballo feito desde o noso país transcendeu mesmo as fronteiras e serviu ata certo punto a dinamizar o panorama español neste sentido. A nivel estatal estaba presente pero cunha menor tendencia de autores e máis a remolque de iniciativas foráneas e mesmo de produtos audiovisuais, explica. A achega galega na mudanza foi moi interesante, non foi a única pero si se caracterizou por achegar unha liña novidosa.
A influencia artística
Realmente penso que o álbum ilustrado está a supor moitas cuestións importantes no ámbito da nosa literatura. Por unha banda reborda os límites da literatura infantil e xuvenil pola súa propia filosofía, ese diálogo entre artes, explica este investigador. A atracción do álbum non se dá unicamente a nivel de público, senón entre os propios creadores, que o ven coma unha opción interesante á hora de plasmar as súas propostas. Concita o interese de moitos creadores. Para alén de escritores e ilustradores hai outros artistas plásticos, deseñadores e maquetadores que lles interesan. Pola banda do público é o ámbito que está a tender dun xeito máis sinxelo pontes entre a literatura infantil e xuvenil e os adultos, que o valoran coma un obxecto artístico, completa.
Internacionais
O ronsel de premios que acompaña este tipo de edición amosa que o álbum está a ser a punta de lanza da proxección exterior da literatura galega, asegura Neira Cruz. Ao tempo, cada vez máis títulos contan con versións en idiomas foráneos e son pioneiros en mercados inéditos para nós como poden ser os asiáticos. A presenza constante en certames internacionais de todo tipo de obras editadas en Galicia poden dar a idea de que o éxito da nosa literatura para o público máis novo se debe fundamentalmente a este formato, aínda que para este analista do mundo editorial, os premios e o recoñecemento para a literatura infantil galega retrotráense a tempos anteriores. O que acontece é que era unha realidade que se coñecía pouco, resultaba algo invisible para os medios. O que non dubida é que, nesa proxección, o álbum ilustrado reforzou a presenza exterior. Que un álbum chegue ao público chinés, coreano, xaponés ou sudamericano supón unha comunidade impresionante de públicos, resume.
De fóra para dentro
O crecemento da industria dedicada a este ámbito deu tamén nunha internacionalización dos autores que participan nos proxectos galegos. Creadores de diferentes ámbitos ven a súa obra publicada no noso país. Iso é moi interesante desde o punto de vista creativo, pero ten tamén un efecto negativo para a nosa cultura que é o feito de que se dilúe un pouco a personalidade galega dos proxectos. De calquera xeito é algo a analizar moi de vagar, non nos podemos fechar a esa realidade, que está en todos os ámbitos, explica o director de Fadamorgana". Malia ao aparente éxito do sector, diríase que o álbum ilustrado aínda ten un bo camiño por percorrer. Penso que aínda está nos seus primeiros instantes de desenvolvemento. Oferta moitas posibilidades e é moi propicio para combinar con outras linguaxes, vaticina Neira Cruz. Xa temos experiencias, por exemplo, de cruces entre este formato a e música, con libros que engaden CDs. As propostas de fusión con filmes ou mesmo videoxogos están abertas, nun ámbito que aínda ha dar moito que dicir. A ese respecto, o investigador lembra que dicir que somos unha potencia neste campo sería pecar de triunfalismo, pero desde logo somos un país que está a facer un bo traballo.