Castelao dixo de Ánxel Casal que el fixo por Galicia máis do que todos nós . Principalmente porque foi o fundador da editorial Nós na que publicou os clásicos como Otero Pedrayo, Castelao, Risco pero tamén os novos como Cunqueiro ou Manuel Antonio. Unha faceta que recupera a publicación Ánxel Casal, un editor para un país e que se presenta hoxe, no Día Internacional do Libro.
Morreu moi novo, pero iso non lle impediu desenvolver un intenso periplo vital que tivo relevancia en dous campos: a política e a cultura. Pero non foron compartimentos estancos, senón que unha cousa levouna á outra. Foi membro das Irmandades da Fala e amosou un compromiso coa cultura e coa política dunha Galicia que buscaba esforzadamente construír unha cultura nacional. Quizais foi por iso que Casal, autodidacta, achegou o seu gran de area desde o mundo editorial sen esquecer o seu compromiso político.
A súa figura como editor é a que se recolle na publicación Ánxel Casal, un editor para un país que amosa a súa fonda pegada na nosa realidade cultural que continúa viva. Non hai máis que ver que a biblioteca municipal do concello de Santiago leva o seu nome e que neste momento se está a construír nesta cidade un edificio cultural que recuperará o seu legado. Con todo, a Alfonso Mato, coordinador do volume que cataloga as publicacións de Ánxel Casal, parécelle inconcebible que a súa figura non fora estudada e analizada máis, tendo en conta a súa relevancia tanto no ámbito político como no cultural.
A importancia de Casal
Como político é un galeguista da rama máis interesante que ten o galeguismo dos anos 20 e 30 asegura Alfonso Mato que tamén afirma que este coruñés é a única póla do galeguismo laica e republicana, que tira cara esquerda, foi moi comprometido politicamente. É un home que sempre apostou por un pacto de esquerdas, o que se explica que pertencendo ao Partido Galeguista, que era un partido moi pequeno, como acabou sendo alcalde de Santiago, quizais porque foi capaz de entenderse con todas as faccións de esquerda.
Pero máis relevante que a súa faceta como político foi o intenso labor que desenvolveu no ámbito cultural. O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, di del no prólogo do libro que Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde longo, no liderado político. Unha afirmación que dá conta da súa importancia no sector editorial, un piar imprescindible para a construcción cultural desde o mundo da cultura. Casal foi o editor por excelencia dos anos vinte e trinta porque publicou a todos os clásicos do momento, desde os homes da Xeración Nós (Otero, Risco, Castelao . así como os intelectuais que formaban parte do Seminario do Estudos Galegos), máis a todos os poetas novos daquela (Carballo Calero, Manuel Antonio, Cunqueiro ). A gran pregunta é por que ninguén se preocupou por este home con anterioridade explica Alfonso Mato. De feito, unha das poucas cousas que se ten feito sobre Ánxel Casal foi unha exposición que se expuxo en Sargadelos e que foi a base da publicación que se presenta hoxe.
Alfonso Mato recorda que a tarefa editorial que desenvolveu Casal no seu momento tiña todas as dificultades do mundo. Comezou con Leandro Carré Alvarellos na editorial Lar e para Alfonso Mato, todos estes comezos responden a unha iniciativa que xa tiñan os homes da Irmandade da Fala da Coruña que contemplaron nos seus estatutos a idea de montar unha editorial. Foi así cando este home se adentra no mundo editorial e, despois en solitario funda o proxecto editorial Nós que, para Mato é o único proxecto editorial para publicar todo o que se fai en Galicia, pero non era a súa única idea, Casal non deixa de pensar en que había que montar un xornal, unha idea que sempre estivo na súa mente e que non puido ser porque non tivo os apoios suficientes.
O alzamento militar do 36 sorprendeuno cando volvía de Madrid de entregar o texto do Estatuto nas Cortes. Foi detido o 4 de agosto e, quince días despois, o seu cadáver apareceu á beira da estrada en Cacheiras. O número 139 da Revista Nós, que tanto lle debía a Casal, rendeulle unha homenaxe, aínda que cos acontecementos políticos que se desencadearon daquela, xa non chegou a distribuírse con normalidade.