A danza será profesional trala aprobación do grado medio de ensino

Clases de baile

Ata o de agora a oferta para cursar estudios de danza en Galicia era moi limitada. A maior parte dos nosos bailaríns que se querían adicar profesionalmente ó mundo da danza tiñan que saír fóra para poder cursar estudios. Desde hai case unha década a Xunta de Galicia prometera que crearía unha escola con estudios regrados para concederlle a esta arte menor unha vía de profesionalización. E esta promesa tivo as súas primeiras iniciativas hai case un ano, cando noutro Consello a Xunta aprobou a creación dun centro en Lugo, o "Conservatorio Profesional de danza". Pero o espaldarazo definitivo chegou onte, noutro Consello onde se aprobou o decreto polo que se establece o currículo de grao medio do ensino de danza, as súas especialidades (clásica, moderna e contemporáena), así como as notas para o acceso ó mesmo.

Currículo e programa


A decisión acordada onte no Consello da Xunta supón un paso adiante para asegurar un nivel de expresión artística propio de estudios especializados. Deste xeito o que se pretende é crear unha vía para poder adicarse á danza dun xeito totalmente profesionalizado. Así dotarán os alumnos de coñecementos, tanto de tipo técnico, como de tipo humanista, co que se presegue formación integral. Coa aprobación do curriculum de grado medio do ensino da danza, dótase o alumno para que poida escoller entre dúas vías: o acceso directo ó mundo profesional, ou polo contrario, a estudios especializados de grao superior.
O decreto publicado onte recolle o currículo (que inclúe tres especializades: clásica, moderna e contemporánea) e as notas de acceso para este grao.
Con esta iniciativa o curriculum de grao medio fixa os medios para que o alumno acade o dominio técnico e o desenvolvemento artístico necesario para acceder ó mundo profesional.

Materias


O decreto publicado onte tamén establece as materias que conformarán este plan de estudios que ten unha duración de dous anos por ciclo. Así as materias de anatomía aplicada á danza, música e historia da danza serán comúns ás tres especialidades, completándose o programa con materias específicas para cada rama. Así, a rama de danza moderna onclúe as materias de Danza Clásica, Paso a dous, Repertorio e Danzas de carácter. A disciplina de Danza Contemporánea inclúe Danza clásica, Escola bolera, Danza estilizada, Flamenco, Flolcore, Repertorio de danza española e Folclore Galego. Completa o programa os esudios de Danza contemporáena con tres materias específicas: danza clásica, Improvisación e Técnicas de danza contemporánea.



Contidos para o centro


Con este decreto publicado onte pola Xunta, dótase de contido á decisión acordada o 3 de maio de 2001 cando se decidíu a ubicación do "Conservatorio profesional de danza". Un centro que se está a construir en Lugo e que será tamén a sé da futura escola de idiomas que se creará na cidade e co conservatorio profesional de música. Unha iniciativa que senta, por primeira vez, un espacio e un estudio público, que completa a escasa formación que se desenvolve en Galicia.