“Turismo e viño”, afirma o profesor de XeografÃa da USC Xosé Manuel Santos, “basean gran parte da súa importancia na singularidade dun territorio”. Este punto en común entre lecer, consumo e agricultura sitúa ás rexións vinÃcolas como un importante lugar para ensaiar fórmulas de preservación e evolución da cultura, da paisaxe e da natureza. Conversamos con expertos europeos na paisaxe do viño entre os socalcos da Ribeira Sacra para coñecer que futuro lle pode esperar á paisaxe do viño e á cultura das zonas rurais.
Simplemente hai que prestar un pouco de atención e comezan a distinguirse. Calquera que baixe en coche desde Sober, na Ribeira Sacra lucense, ata a ponte que cruza o Sil e o deixa no ourensán Concello de Castro Caldelas, poderá disfrutar dunha paisaxe espectacular, froito da relación entre a natureza e o home. O canón do rÃo Sil, na súa banda norte, a luguesa, está dividido en estreitos socalcos que vencen a aguda pendente e nos que medran as cepas da denominación de orixe Ribeira Sacra. Entre eles, medran olivos, aciñeiras, mesmo laranxos, levándonos ás proximidades do Mediterráneo. Pola contra, se un mira á banda ourensá, a poucos metros de distancia, enfronte verá un bosque umbroso, atlántico, cheo de carballos e vexetación espesa. Son notábeis variacións climáticas derivadas dunha orografÃa única, como é o Canón do Sil. Pero aquel bosque sombrizo medra sobre unhas antigas ruÃnas. Máis socalcos, abandonados no tempo.
A Ribeira Sacra é un paradigma da evolución do medio rural galego. Dunha explotación intensiva do territorio, rexistrouse un abandono desde o século XIX ata case a actualidade: os labregos da zona partiron para a busca dun futuro mellor na emigración. Pero a Ribeira Sacra está a vivir un renacemento desde mediados dos 90, cando se fundou a denominación de orixe vinÃcola e se lanzaron os primeiros plans de promoción turÃstica por parte de Deputacións e Goberno autonómico. Hai datos sintomáticos: no 96 fundaron a denominación 55 adegas e 1.100 viticultores. Na actualidade, hai máis de 102 adegas e 2.800 viticultores. Non son as cifras de ocupación do século XVIII, cando destas rexións vinÃcolas saÃan centos de bocois con destino a outras comarcas galegas ou a fóra do paÃs, pero falan dunha gran actividade. De feito, os adegueiros comezan a converterse en neocolonizadores do territorio, como Fernando González, da Adega Algueira, en Doade (Sober): "nos últimos anos, posiblemente debido ao cambio climático, as nosas cepas sufren moitÃsimo stress hÃdrico, unha sequÃa brutal. Estamos abrindo un viñedo na ladeira de enfronte, a ver que dá de si. E, ao limpala, atopámonos os vellos socalcos de cultivo por todas partes". É unha viticultura de condicións moi difÃciles, radicalmente diferente á que se poden atopar noutras rexións vinÃcolas galegas ou do resto do Estado. Os vindeiros planos de actuación da ConsellarÃa de Medio Rural buscan reducir, especialmente, as condicións do esforzo humano no traballo e carga de material e uva nestas ladeiras tan en pendente.
Paisaxe cultural
O certo é que un paseo en barco polo Canón do RÃo Sil permite apreciar que o viño da Ribeira debÃa ser moi cobizado, porque as condicións para obtelo semellan un difÃcil exercicio de resistencia. É a "viticultura heroica", nunha definición do profesor Xosé Manuel Santos que tivo gran acollida no II Congreso Internacional sobre Viticultura de Montaña e en forte pendente que organiza a ConsellarÃa de Medio Rural e o CERVIM, un centro de investigación sobre a viticultura de montaña. Co gallo do Congreso, un elevado número de investigadores déronse cita en Monforte de Lemos para debater sobre variedades, estratexias e perspectivas culturais e económicas sobre estes viños.
“Eu non falarÃa só de viticultura heroica”, afirma Maguelonne Déjeant-Pons, directora da división de Patrimonio Cultural e de Paisaxe do Consello de Europa, “senón tamén de paisaxe heroica”. Para esta funcionaria europa, a paisaxe debe ser visto na actualidade non só como o escenario da biodiversidade, senón especialmente como un recurso económico. Segundo Déjeant, no Estado español vai haber un antes e un despois deste pasado 1 de marzo no seu xeito de xestionar a paisaxe: “España foi o último paÃs en ratificar o Convenio Europeo da Paisaxe, que é un documento que ten obrigas moi grandes para Estados e rexións, no sentido de introducir a paisaxe en todas as polÃticas sectoriais”. O principal activo conceptual do Convenio é a extensión do concepto da paisaxe, desde a perspectiva máis naturalista ata unha visión máis moderna, na que “lle outorgamos unha nova dimensión ao espazo onde vivimos cada dÃa, onde comemos e onde nos movemos”. Cidades ou contornos agrÃcolas coma os do cultivo do viño nos que tamén se debe medir a escala humana e o impacto urbanÃstico. Desde o 1 de marzo de 2008, o Estado e as Comunidades Autónomas deberán contemplar o Convenio Europeo da Paisaxe na súa lexislación.
O mirador como activo
Para Ana Lavrador, investigadora da Universidade este potencial recurso económico non está a ser aproveitado con eficiencia polos produtores de viño, que elaboran moitas veces o seu produto en espazos privilexiados. Segundo as súas investigacións, a paisaxe do viño non ese inclúe nas estratexias publicitarias e promocionais destas adegas, “sobre todo porque o que imperan son as marcas”. A xuÃzo da investigadora, “isto é un grave desperdicio dos recursos das rexións e dos paÃses”. Saber canto vale esa paisaxe do viño foi o obxectivo de Gianluca Macchi, investigador da Universidade de Boloña. Macchi realizou unha comparativa interesante entre o valor económico das paisaxes naturais e das paisaxes do viño, tentando determinar cales eran os parámetros que se podÃan avaliar para facer unha estimación económica. O que atopou é que non se podÃan comparar paisaxes naturais e paisaxes enolóxicas. Mentres as paisaxes naturais contaban con moitas actividades secundarias que se poden realizar dentro del, como facer sendeirismo ou esquÃ, “a gran diferencia é que no caso dos paisaxes do viño os consumidores queren pagar unha cifra variable que cambia en función das condicións económicas”. Nunha situación de bonanza económica, o consumidor pagará máis por viaxar e disfrutar desa paisaxe agrÃcola, pero durante as crises, unha paisaxe deste tipo resentirase aÃnda máis que outra natural, xa que os custes de estancia son máis elevados.
Unha significativa parte dos expertos salientaron que a maridaxe entre o turismo e o viño son relevantes nas paisaxes privilexiadas. É unha maridaxe especialmente económica, pero que ten que ver coa capacidade de crear un espazo atractivo para frear o despoboamento e a dependencia económica da zona. Cando as condicións de cultivo e colleita son tan difÃciles como na Ribeira Sacra, con pequenas producións que non poden competir en volume coas grandes denominacións do Estado, o factor da paisaxe parece ser decisivo para diferenciar e distinguir a produción. Pouco a pouco, novos socalcos labrados polos antigos vanse desterrando e limpando. E a paisaxe dos canóns volve, de novo, a ser patrimonio dos labregos.