Este venres chegan ás carteleiras dúas producións atípicas. Unha por estar rodada en galego e a outra por ser financiada integramente en Galicia. Dúas rara avis nun mundo dominado polas coproducións e onde as decisións estratéxicas se toman fóra de Galicia. Son Pradolongo e O menor dos males que evidencian que é posible facer cine galego.
Unha produción considérase galega se foi rodada en galego ou se cumpre cunhas porcentaxes mínimas no número de técnicos ou actores que incorpora. Á marxe do debate sobre o que é cine galego ou non, é certo que hai produccións que son indiscutiblemente do país. É o caso das dúas películas que chegan este venres ás carteleiras. Pradolongo de Ignacio Vilar porque foi rodada en galego, concretamente nunha variedade dialectal, como é o galego valedorrés. A outra, O menor dos males, porque o capital co que se fixo a película foi cento por cento galego. Dous feitos que revelan unha decisión estratéxica de facer cine do país desde dous puntos de vista distinto: lingua e capital. Dúas caras da mesma moeda.
A odisea de rodar na nosa lingua
Para min, o fundamental do cine é contar unha boa historia explica Ignacio Vilar, o director e produtor de Pradolongo. Todo ten que estar en función dunha boa historia, a fotografía, o guión, e no caso desta historia sen o galego de valedoras non sería crible. Sería mellor non contala. Por ese motivo, cando Ignacio Vilar decidiu poñerse en marcha con esta película, o requisito sine qua non pasaba porque fose rodada en galego e cos matices que ten esa variedade dialectal do galego.
Non foi unha decisión nada doada porque, como o propio director di para facer unha película precisas cartos, e podes conseguir aquí un 40 ou 50 por cento, pero o resto telo que buscar fóra. E se xa é complexo nunha produción rodada en español, en galego as dificultades multiplícanse. Cando dis que está en galego, non queren escoitar nada máis. Para o director é unha franca contradicción xa que o ano pasado gañou o Festival de Cannes unha película rodada en rumano. Pero isto non desanimou a Ignacio Vilar que coas axuda da Xunta, coa TVG (na compra de dereitos e coprodutora) e a achega voluntariosa de numerosos concellos do Barco de Valdeorras, foron sumando os apoios necesarios.
A de Ignacio Vilar é unha tarefa titánica. Non hai máis que botarlle unha ollada ao listado de producións galegas para ver que a lingua de rodaxe é moi pouco frecuente. No catálogo de AVG existen 14 longametraxes de ficción que amosan a escaseza (o número medra ata 19 se incluímos tamén as películas para televisión) deste tipo de traballos. Eu, o tolo, Malapata ou Sempe Xonxa foron as primeiras en facelo nos anos oitenta. Foi entón cando Chano Piñeiro afirmou facer cine en Galicia é posible; facer cine en galego é necesario.
Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Ademais, ten a peculiaridade de que un dos seus actores, xurdiu dun casting efectuado en institutos de Ourense e Lugo.
A dificultade do financiamento
Nós vimos que moito do cine que se facía en Galicia era de aquí dun xeito moi relativo. E no ámbito do financiamento quen leva a porcentaxe maioritaria é quen controla a película; e para que unha película sexa galega, non se trata de que traballe un número mínimo de técnicos, senón que as decisións se tomen desde aquí explica Alfonso Blanco, o director de produción de O menor dos males. Isto foi o que determinou que Voz Audiovisual pensase que tipo de produto quería facer. Nós queremos facer cine, pero non para ser comparsas cunha coprodución de Madrid, senón facelo desde Galicia e tomar nós as decisións afirma Alfonso. E o resultado foi O menor dos males. Unha aposta arriscada, no que o grupo Voz asume unha parte moi importante dos dous millóns setecentos mil euros que custou a produción. Televisión Española, o ICAA e a Consellaría de Cultura son outras das vías de financiamento da película que chega este venres ás salas con 60 copias.
Unha aposta empresarial pola que Alfonso Blanco considera que Voz apostará no caso de que funcione. O noso desexo é que se continúe nesta liña, pero dependerá de se aposta saia ben asegura Alfonso que asegura está desexando que chegue o luns para comprobar os resultados no despacho de billetes. Tendo en conta que somos unha factoría para televisión, a nosa intención era que puideramos aplicar o mesmo marchamo, a mesma imaxe de marca, do que son as series de Voz para o cine. Un tipo de cine característico e de calidade, asegura Alfonso Blanco.
A distribución
Unha vez feitas as películas, o obxectivo é que cheguen ás salas. Un feito que tampouco é precisamente, un camiño de rosas. O menor dos males estaba completamente rematada a principios de 2007 pero non chega á carteleira ata agora. Estreámola no Festival de Cine de Málaga do ano pasado e a nosa intención era que rodara en festivais ata outubro e estreala entón, pero tivemos problemas coa distribución e non puido ser ata agora explica Alfonso Blanco. A película preestrouse onte en Madrid, hoxe na Coruña e chega mañá ás carteleiras.
O caso de Padrolongo é un pouco diferente. Ignacio Vilar programou unha estrea escalonada polos cines de Galicia e cun sistema de promoción tamén atípico, con promocións en institutos, colexios e asociacións onde irán os propios actores da película para contarlle aos rapaces os segredos e curiosidades do mundo cinematográfico. Este venres chega ás salas do Valdeorras, o venres 28 de abril aos Cines Box de Ourense e en abril irá a Vigo (4), A Coruña (11) e Pontevedra e Narón (18).