A Feira do Libro da Habana é só un dos puntos de mira dentro da liña de proxección exterior da Consellaría de Cultura. Así o expresou a conselleira Ánxela Bugallo no acto de valoración dos resultados da primeira feira internacional á que asiste Galicia como país convidado. Un balance que cualificou de "éxito", ao que asistiu arroupada do director xeral de Creación e Difusión Cultural e máis unha trintena de compoñentes da delegación cultural.
As críticas vertidas pola dimensión e custo da delegación cultural presente na Feira do Libro da Habana planaban de fondo no acto de balance malia que a conselleira afirmou que "non é unha xustificación porque non temos nada que xustificar". En todo caso, a actuación realizada en Cuba forma parte dun dos obxectivos de proxección exterior da Consellaría de Cultura. Unha liña de actuación para a que conta con tres millóns e medio de euros dos que destinaron un millón trescentos mil (un 37,1%) para asistir a este evento. Nese sentido, a conselleira destacou que "nunca se fixera nada", ademais de constatar o atraso con respecto doutros territorios como Cataluña ou Andalucía.
A importancia de ir fóra
Hai dous obxectivos principais no punto de mira da Consellaría de Cultura para levar a creación do país. Son América latina e Europa, dous destinos que, como dixo Ánxela Bugallo, son obvios pola súa relacion coa nosa cultura. A feira do libro non é o primeiro evento sectorial ao que se asiste, antes foron o Midem ou o Popkomm no caso da música, ou as citas de Boloña ou Frankfurt no mundo da literatura, pero sí que é a primeira á que se acode como país convidado. O que queda claro, en palabras de Bugallo, é que se trata dun "investimento cultural e estratéxico dun camiño no que se vai chanzo a chanzo". Os próximos obxectivos son a presenza na Feira Marítima de Brest e presentar a candidatura para ser país convidado na feira do libro de Guadalajara para 2011.
A clave da importancia exterior deuna Miguelanxo Prado, un dos artistas que expuso a súa visión sobre a participación en Cuba, cando explicou que "ningunha industria cultural pode superar un mercado de dous millóns e medio de habitantes, polo que é necesaria a proxección exterior". Antes, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e membro do Consello Asesor do Comité Organizador da Habana, explicou que a asistencia a feiras era un "signo de normalidade e madurez", ademais de ser un feito positivo. Villares incidiu que "non basta só con ter actividade cultural, senón que hai que ser visto e recoñecido".
As cifras
Ademais das valoracións, a Consellaría de Cultura ofreceu as cifras desta feira que congregou a 520.000 visitantes, con 32 países participantes e na que se venderon máis dun millón de libros. Unha feira que recoñeceu o esforzo e a participación do seu país convidado, concedéndonos o premio ao mellor estand internacional desta edición. Galicia foi a Cuba a desenvolver 200 actividades literarias e artísticas e 11 exposicións, e leváronse uns 400.000 libros entre volantinas, folletos e as antoloxías feitas a propósito para esta feira. A delegación cultural estivo formada por 150 persoas, entre escritores, editores, programa académico, debuxantes de banda deseñada, músicos, audiovisual, actores e artes plásticas.
Unhas cifras ás que tamén engadiron os acordos que trouxeron baixo o brazo da presenza en Cuba, como o acordo de colaboración co Instituto de Literatura e Lingüística para dixitalizar arquivos galegos en Cuba, en colaboración co Consello da Cultura. Ou os acordos coa Escola Internacional de Cine de Cuba, co Instituto Superior de Arte (ISA)ou co Museo Nacional de Belas Artes para a catalogación do fondo galego.
Unha delegación modelo
Fontes da Consellaría de Cultura explicaron que para confeccionar a delegación cultural estiveron analizando a presenza dos países que anteriormente foran convidados a esta feira do libro (Italia, Francia, Alemaña, Brasil ) pero que buscaron un modelo propio, axeitado ao que se quería presentar e que non fose estrictamente literario. De feito, esa mesma fonte asegura que o formato da delegación cultural que asistiu a Cuba non ten porque ser exactamente igual que a acuda a outras feiras sectoriais de ámbito cultural.