Unha fundación ourensá financiará o aloxamento e a seguridade social de artistas sen recursos

Arte sen recursos

A Fundación Casdemiro, encargada de xestionar o patrimonio e os fondos bibiográficos de Julio Francisco Ogando Vázquez, acaba de anunciar unha iniciativa curiosa. É a de reformar o edifico que posúe na Praza do Trigo en Ourense para acoller ata un total de 25 persoas que non teñan recursos e que se dediquen ás artes plásticas. Segundo publica “La Región” a fundación pretende crear unha cooperativa para que os artistas poidan chegar a cotizar a seguridade social.