"Os polÃticos pensan que a cultura acaba ás dez de noite, e non é asÃ". Quen fai esta afirmación é o responsable do pub Clavicémbalo de Lugo e un dos promotores da rede Clubtura, que busca o recoñecemento do labor cultural das salas de concertos do noso paÃs. Malia ao categórico desta proposta, non se pode dubidar que a programación cultural non coincide en moitos casos coas horas nas que se concentra o ocio, especialmente, o dos máis novos: a noite. Malia á aparente escaseza, no entanto, existe unha certa oferta que cubre as horas de escuridade e que semella que vai medrando aos poucos.
É sabido que o horario laboral condiciona en boa medida os momentos en que se desenvolven as programacións culturais. A pouco que ollemos a oferta, tiradas as mostras que permanecen abertas case todo o dÃa, podemos comprobar como todo tipo de actividades se concentran con posterioridade ás seis da tarde, e que se prolongan, como moi tarde ata as once de noite. No entanto moita xente, especialmente mozos e mozas, concentra precisamente nas horas teóricas de sono o seu ocio, sen atopar apenas neste tramo do dÃa ofertas culturais. En sabendo que a noite é, desde hai xa ben anos, territorio predilecto da mocidade, non nos debe estrañar que boa parte da oferta que existe nestas horas vaia dirixida aos máis novos e que se asocie en boa medida coa hostelarÃa. AsÃ, o primeiro que nos vén a mente, en falando de proposta culturais nas horas de escuridade son os concertos. Sexan en bares, pubs ou estadios, estes eventos teñen a noite coma espazo predilecto, aÃnda que hai variacións en canto a xéneros, a música clásica ou a ópera adoitan comezar cara ás oito ou nove da noite, pero noutros casos non é estraño que as citas comecen cara ás once da noite se prolonguen, no caso de varios grupos, ata altas horas da madrugada. Canda aos concertos, contacontos e outras ofertas culturais centradas en locais de hostelarÃa compoñen o groso das programacións nocturnas que podemos atopar no paÃs.
A noite é moza
Ciclos coma Noites Activas, Noites Vivas ou moitos outros procuran desde hai anos achegar alternativas de ocio durante a fin de semana á xente máis nova en múltiples concellos do noso paÃs. En Pontevedra, o programa Noites Abertas naceu hai xa nove anos e supón un referente nas ofertas nocturnas da cidade. A vindeira semana comeza a nova edición, que se centra en xente de entre doce e trinta anos. Segundo explica MÃriam Viñas, técnica de xuventude municipal, "HabÃa unha necesidade de actividades de ocio na fin de semana que non fosen de consumo ou que non tivesen lÃmites económicos". Nese sentido, as iniciativas deste tipo, vencelladas polo xeral ao Plan Nacional Sobre Drogas, desenvolveron completos programas centrados en propostas lúdicas e deportivas que transcorren a partir das sete ou oito da tarde. O propio obxectivo destas iniciativas limitan a idade dos participantes. "Ao comezo o lÃmite inferior era de dezaseis anos, pero finalmente abrimos a partir dos doce porque vimos que a esa idade xa se van creando pautas de ocio e queriamos achegar alternativas ao mercado". Entre as propostas con máis éxito neste concello atopamos as actividades relacionadas coa danza e coa música. "Percusión, breakdance, bailes de salón e danza son as máis aceptadas", explica Viñas. A participación rolda os douscentos mozos e mozas cada fin de semana, o que bota un resultado dunhas 4.500 persoas por ano. Malia a que a cifra pode semellar baixa para un concello do tamaño de Pontevedra, a técnica de mocidade salientan que "Non é moi elevado pero interésanos a calidade e a implicación que teñen os participantes na programación". De feito, a propia selección de actividades faise a partir das propostas dos propios participantes. Nese sentido lembra a creación, ai tres anos, un festival coma o Chicharra, centrado na cultura urbana e organizado polos propios asistentes a este programa.
Museos na escuridade
Nos últimos anos estamos a ver como se estende por diferentes cidades do mundo o concepto das “noites brancas”: Todos os museos dunha cidade abren as súas portas nun horario nocturno, conseguindo chegar a novos públicos. AÃnda que de xeito puntual, en Galicia tamén tivemos exemplos das nosas iniciativas. AsÃ, por exemplo, o Museo do Pobo Galego, o local Zona C de Compostela e mais o Centro Galego de Arte Contemporánea fixeron unha primeira achega neste sentido ampliando o seu horario ata a as doce da noite no marco dunha noite branca na que participaron tamén os comercios do barrio de San Pedro. No entanto, a principal experiencia que neste sentido se viviu en Galicia foi a celebración que fixo o MARCO de Vigo o pasado mes de novembro con ocasión do seu quinto aniversario. Segundo explica Iñaki MartÃnez Antelo, director do centro, “outros anos fixeramos xornadas de portas abertas, pero coma neste aniversario o centro xa non cobraba entrada, pensamos en facer unha fin de semana na que estivese aberto desde o sábado pola mañá ata o domingo á noite”. Performances, visitas guiadas, proxeccións e sesións musicais relacionados coa noite compuñan unha programación que conseguiu unha ampla aceptación de público. “Non agardábamos que funcionase tan ben”, recoñece o director. “Polo dÃa si sabiamos que Ãa haber xente, pero pola noite mesmo tivemos que repetir varias veces as performances pola cantidade de visitas a horas coma as catro ou as cinco da mañá”. Malia a que tamén aquà eran os máis novos o groso do público “sorprendeunos que tamén habÃa xente bastante maior, e mesmo algúns que viñeran de fóra”. Malia ao éxito da experiencia, MartÃnez Antelo apunta que repetirán a iniciativa só de xeito puntual. “Non poderÃamos asumilo de xeito habitual nin estamos para este tipo de accións”, apunta. A maiores, considera que incrementar a programación cultural nocturna en xeral non se traducirÃa necesariamente en máis éxito de público. “Pensamos que é algo que pode funcionar pero pensando moi ben a estratexia. Parte do éxito é que sexa algo excepcional, de se facer cada fin de semana ou mensualmente pode perder o seu interese”, advirte.
Artes Escénicas
A nivel de artes escénicas, as primeiras horas da noite son de novo un horario habitual para a oferta, pero de novo estamos ante unhas propostas que non adoitan prolongarse alén das once da noite. En Compostela, no entanto, a Sala Nasa leva quince anos a programar periodicamente as súas Ultranoites, unha iniciativa centrada no cabaret, a música e as pezas teatrais de pequeno formato, que comeza polo xeral cara ás once horas e se pode prolongar ata a unha da mañá. Segundo explica Xesús Ron, responsable deste espazo, “unha das propostas que tiñamos xa cando montamos a sala era recuperar o teatro de variedades, e pensamos tamén neste horario xa coma un xeito de gañar público, colocándonos tamén nas zonas fronteirizas entre música e artes escénicas. Por localización ademais estabamos no que daquela era aÃnda o barrio chino de Compostela, e encaixábanos tamén a idea de traballar pola noite”. AÃnda que recoñece que nun primeiro momento o público era maiormente mozo, o tempo transcorrido e a renovación xeracional foi creando unha certa variedade. “O público foi envellecendo e na altura hai xente madura, que entre corenta e cincuenta anos, que vén desde o comezo. Canda a eles hai un grupo intermedio de entre trinta e trinta e cinco que segue vindo, e sempre aparecen estudantes e xente nova. Mesmo coñecemos algún caso dun pai de cincuenta anos que vén co seu fillo de dezanove”, completa Ron. Ao seu ver, incrementar a oferta escénica en horario nocturno “funcionarÃa ben. No noso caso vemos que se achega xente de Vigo, VilagarcÃa ou outros sitios para ver as ultranoites. O que acho de menos no paÃs son os restaurantes con espectáculos, lugares nos que puideses estar ceando mentres ves unha obra ou escoitas música en directo”, apunta.
Cinema sen luces
Canda ao teatro, o cine é outra das actividades que contan coas primeiras horas da noite coma momento preferente. Cineclubs coma o e Santiago, que programan pases alén das vinte e dúas horas, ou salas puntuais que achegan as chamadas “Sesións golfas” cara as unha da mañá compoñen a principal oferta neste sentido para ollar filmes alén das once da noite. A elas sumábase, hai apenas unha semana, a aposta do Centro Galego de Artes de Imaxe por ampliar a súa programación cunha sesión “After hours”. Segundo explica José Manuel Sande, director do centro, “pensamos en mudar unha sesión era das que mellor funcionaba por unha ás once da noite, centrándonos en documentais musicais, cine de xénero e traballos galegos”. Con esta proposta aÃnda en andadura, é difÃcil facer avaliacións sobre o éxito, “a primeira sesión funcionou moi ben, polo momento veu moita xente nova. Pensamos que pode haber público para este horario”.
Estas non son nin moito menos as únicas propostas culturais nocturnas que se fan no paÃs. Como é de supor as actividades de observación astronómica, que ocupan un feixe de colectivos espallados pola nosa xeografÃa, desenvólvense nestas horas. Outra proposta que tamén conta coa noite como escenario privilexiado é, curiosamente, as visitas a petróglifos. Precisamente a ausencia de luces difusas facilita empregar lanternas ou focos que, mediante unha iluminación rasante poñen de relevo todos os riscos destes gravados.
Sen que sexa moita, a oferta como podemos ver é ben variada. Asà que a próxima vez que nos apañe o insomnio, o mesmo atopamos unha alternativa cultural á teletenda.