Son novas, atrevidas e mesmo provocadoras. Os seus deseños son moi frescos e acaban de formar parte de “El EGO” a pasarela máis alternativa do desfile Cibeles que rematou esta fin de semana en Madrid. Unha proposta á que acudiron nove representantes galegas que chegan exultantes de ideas, proxectos e contactos. A moda máis combativa xa está aquÃ, pero non todo é un camiño de rosas.
Non é unha mera sucesión de deseños, atezzo e roupas, senón propostas case escénicas dunha filosofÃa ou, por dicilo doutro xeito, dun proxecto plasmado en tela. De feito, non é unha pasarela comercial ao uso, senón máis ben, como a propia Sara Coleman (que traballa baixo a marca “36 grados”) indica, “un desfile de ideas con pouca vocación comercial”. Dos quince deseñadores de todo o Estado que foron convidados a participar nesta ocasión, nove eran galegas, un indicador clarÃsimo de que algo está a acontecer no mundo do deseño no noso paÃs.
As propostas galegas
A “delegación galega” estaba formada por nove participantes, sete delas son estudantes que acaban de presentar o seu proxecto de fin de carreira na Escola Superior de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga), centro dependente da Universidade de Vigo que concede un tÃtulo propio no sector. De feito, a maior parte das deseñadoras que participaron no showroom e na pasarela, presentaron os estilismos que formaban parte do seu proxecto de fin de carreira. Iso sÃ, tal e como confesan algunhas destas novas deseñadoras, tiñeron que ser ampliados xa que o proxecto só contemplaba seis e a organización de “El EGO” pedÃalles que presentaran un mÃnimo de quince estilismos. “Un feito que nos obrigou a traballar de xeito case vertixinoso durante mes e medio” asegura Lorena RodrÃguez.
Para ser seleccionada en EL EGO tes que presentar un dossier completo cun proxecto e con deseños que sirva de aval da túa calidade. Este ano, unha das organizadoras, SofÃa ClarÃ, estivo en Pontevedra vendo o desfile organizado polas estudantes de último curso de Esdemga, gustoulle tanto o que veu que as animou a participar. Tendo en conta o número de participantes galegas, o resultado foi evidente. Menchu Mora (Santiago) e Mónica Bastón (Pontevedra) presentaron unha proposta inspirada na pelÃcula de Luis Buñuel, “Belle de jour”; Alba Blanco achegou “unha colección que representa unha atmonsfera mariña”; Amai RodrÃguez define a súa proposta como “unha colección teatral, surrealista que achega volumen moi fortes, con grandes contraposicións”, mentres que Sara Coleman arriscou coa súa fragmentación do patrón, amosando con cometas imposibles e papiroflexia que o exterior e o interior se unen nun todo.
Pero non só iso. “Todo, absolutamente todo o que se ve no desfile ten que ser creación orixinal” afirma Alba Blanco. “Desde a música, as luces, a pantalla de atrás, a que pon o nome, todo e todo, fai o deseñador. No fondo porque asà tamén garantes que a túa colección sae como ti queres, e daslle o toque ti decides” asegura esta deseñadora que pretende explorar máis a liña dos contrastes, do “naif versus sinistro” no futuro máis inmediato.
Esforzo recompensado
“Foi unha locura de traballo, explica Lorena RodrÃguez, en mes e medio tes que preparar nove estilismos máis, un deseño do escenario, música, e unha posta en escena para que todo pase nuns minutos”. Unha sÃntese das últimas semanas na que coinciden todas as deseñadoras. No que tamén concordan en que todo este esforzo “compensa”. “Merece a pena pola experiencia, pola publicidade xa que estivo moita prensa e, sobre todo, pola oportunidade de que o teu traballo sexa coñecido” apunta MarÃa DÃaz.
Pero todo este traballo non é altruÃsta. Malia que acaban de chegar (a pasarela aÃnda rematou esta fin de semana) e aÃnda non fixeron contas, estas novas deseñadoras xa tiveron que pagar ben caro o seu soño. Darse a coñecer en EL EGO supúxolles a algunhas delas arredor duns 3.000 euros. Cartos que sufragaron dos seus propios petos, polo que afirman non lles virÃa mal ter algún tipo de apoio institucional. En todo caso, o optimismo destas deseñadoras desborda por todas partes. MarÃa DÃaz asegura que “é unha plataforma imprescindible para os que estamos a empezar neste sector e é unha sorte tremenda non ter que pagar por presentar a colección, como acontece en calquera feira e, ao tempo daste a coñecer”.
De momento, todas regresan cheas de ilusión polo bo traballo realizado, polo alto nivel conseguido e porque, ademais, houbo numerosas tendas, distribuidores e fotógrafos interesados no seu traballo. Son Sara Coleman, Sarai Fernández, Menchu Mora, Lorena RodrÃguez, Amai RodrÃguez, Mónica Bastón, MarÃa DÃaz, Paz Villar e Alba Blanco e haberá que seguÃrllela pista.

Alba Blanco
Pasarela EL EGO de Cibeles
Alba Blanco
Pasarela EL EGO de Cibeles
Alba Blanco
Pasarela EL EGO de Cibeles
Amai RodrÃguez
Pasarela EL EGO de Cibeles
Amai RodrÃguez
Pasarela EL EGO de Cibeles
Amai RodrÃguez
Pasarela EL EGO de Cibeles
Lorena RodrÃguez
Pasarela EL EGO de Cibeles
Lorena RodrÃguez
Pasarela EL EGO de Cibeles
Lorena RodrÃguez
Pasarela EL EGO de Cibeles
MarÃa DÃaz
Pasarela EL EGO de Cibeles
MarÃa DÃaz
Pasarela EL EGO de Cibeles
MarÃa DÃaz
Pasarela EL EGO de Cibeles
Menchu Mora
Pasarela EL EGO de Cibeles
Menchu Mora
Pasarela EL EGO de Cibeles
Menchu Mora
Pasarela EL EGO de Cibeles
Sara Coleman
Pasarela EL EGO de Cibeles
Sara Coleman
Pasarela EL EGO de Cibeles
Sara Coleman
Pasarela EL EGO de Cibeles