Unha exposición recrea o universo plástico de Lugrís no centenario do seu nacemento
Universo mar
15/1/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Arte
5 lecturas | Compartido 0 veces
Foi un fabulador e un soñador que mesmo chegou a diluir a súa vida privada coa artística. Ata tal punto, que sempre fantaseou co seu nacemento e existen diferentes teorías que o fixan no arredor de 1907. Urbano Lugrís foi un poeta, un pintor, un ilustrador pero sobre todo un creativo, tal e como se pode apreciar na exposición que achega a Fundación Caixa Galicia. Constitúe un dos máximos exponentes da plástica galega onde o mar goza dunha personalidade propia. Descúbreo no vídeo co que te achegamos á exposición!