David Rubín continúa a se facer oco no exterior. O ourensán gañaba esta fin de semana o torneo FACA 07, no que diferentes debuxantes propoñen equipos de loitadores que se van enfrontando en sucesivas votacións ao xeito de combates. E só dous días despois, o mesmo autor amosa no seu blog a ilustración que coloreou para o celebérrimo autor americano Paul Pope. Pola súa banda, no blog Entrecómics descubrimos o retorno de El caballero despollado, ás páxinas da revista Eros Comix, de novo da man do vigués Norberto Fernández. Pola súa banda, Javi Prieto amosa o seu traballo nun novo web. Para rematar, chéganos a presentación, o vindeiro venres 21 no Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Vigo de O humor non engorda". Esta obra, editada por Biblos, recolle unha escolma da obra humorística de Kiko da Silva.
Máis información no
blog de Rubín ; en Desde mi mundo; noweb de Javi Prieto e no web de Biblos