Marcos Valcárcel: “O galeguismo foi moi crítico coa prensa do país”

A tensa relación escrita

O historiador e profesor Marcos Valcárcel repasou onte no Consello da Cultura Galega a relación entre a prensa e o galeguismo no marco das xornadas Medios de Comunicación e Identidade. Para Valcárcel, o galeguismo foi “moi crítico” cos medios de comunicación nas primeiras décadas do século XX: “Antón Vilar Ponte falaba de que en Galicia, no xornalismo, hai unha selección ao revés. Ascenden o que non valen”. Valcárcel sinala que o galeguismo achegoulle á comunicación en Galicia unha nova modernidade e destaca as coincidencias entre as denuncias sobre o xornalismo galego nos anos 20 ou 30 coa situación actual da comunicación en Galicia: “moitos dos artigos que levo lido son actuais mesmo nas condicións máis degradantes do que é o oficio de xornalista”. Nesta entrevista, o intelectual ourensán tamén repasa os cambios que estamos a vivir na cultura e na comunicación en Galicia coa chegada de Internet e dos blogs.



Escoita a entrevista completa con Marcos Valcárcel.







As xornadas "Medios de comunicación e identidade" no web do Consello da Cultura Galega; As Uvas na Solaina, blog de Marcos Valcárcel