Será o sol deste outono ou que algo acontece no panorama cultural, pero nas últimas semanas os novos creadores están a ocupar un espazo destacado nas páxinas dos medios. Artes plásticas, música, moda ou cinema, poucas expresións escaparon á exposición pública de valores emerxentes. Os premios do certame GZ Crea, os Tesoura, exposicións ou festivais amosan unha efervescencia na que se ha perfilar o futuro da nosa cultura.
É sabido que sempre é difÃcil abrirse camiño no mundo da creación. É moita a xente máis ou menos nova que quere facerse un oco e dar a coñecer o seu traballo nos máis variados ámbitos. Malia ás dificultades, este colectivo conta cunha serie de plataformas, nomeadamente certames dirixidos para noveis e mais para determinados tramos de idade, que lles permiten dar os primeiros pasos. Canda a isto, de xeito tÃmido, existen determinados espazos destinados a expor ou a representar propostas deste colectivo.
O certame
Un dos principais focos que se centra nos novos creadores do paÃs é o certame GZ Crea, que convoca a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e que se dirixe a persoas de entre 16 e 30 anos. Herdeiro dos premios Na Vangarda, esta convocatoria recolle categorÃas de Teatro, Artes plásticas, Moda, Música, Relato, PoesÃa, Audiovisual, Banda deseñada, Graffiti, Carteis, Artes do movemento e mesmo Bandas de música, o que permite que cada ano se converta nun auténtico escaparate da creación máis moza. Precisamente ao longo deste outono fomos coñecendo aos poucos os nomes dos finalistas e dos gañadores das diferentes seccións. "Pic - nic", de Non si? en teatro; Silvia RodrÃguez Pena, pola obra "Desexo” nos graffitis; Ataque Escampe en música; Sabela Pernas Soto, por "Ciclo combinado" en audiovisual; MarÃa Arce Barreiro, con "A máquina de horas" en poesÃa; Iván Prieto Diéguez por "Silencio" en artes plásticas; Alexandre Grande Babarro, pola obra "Cultura inédita"en carteis. Estes son só algúns dos que levaron os primeiros premios, e se parecen moitos nomes, debemos pensar que non están todos e que aÃnda debemos engadir a eles os finalistas de cada categorÃa, o que fai unha boa lista de creadores. Para alén dos premios en si, debemos pensar que xa se fixeron e se están a facer presentacións públicas, representacións e estreas que están a pór diante das cámaras por primeira vez un bo feixe destes novos autores. Para máis, desde o oito de novembro, está en marcha na Sala C de Compostela unha selección das obras que se presentaron ás distintas modalidades de Artes Plásticas.
A tesoira
Dentro do GZ Crea, un dos certames que están conseguindo acaparar máis espazos na prensa é a categorÃa de moda, que mantén a denominación de Tesoira coa que naceu, hai xa quince anos, da man da Asociación Galega de Deseñadores. Sabida a importancia que este sector creativo ten na nosa cultura, relevancia que se estende á súa vertente industrial, non é de estrañar que acade tanto eco mediático cada ano. Desta volta foi Carolina González, coa súa colección “De papel” (confeccionada efectivamente con este material) a que conseguiu o primeiro premio. Canda a ela, dez finalistas participaron nun desfile onde predominou a variedade nas propostas. Queda ver cantos destes creadores acadan un oco neste difÃcil mundo, pero está claro que a plataforma está consolidada.
Espazos privados
Non só desde as institucións públicas se desenvolve o apoio aos novos creadores. A Fundación Granell, por exemplo, desenvolve desde 2006 “Insitu”, un programa destinado a achegar un lugar de exposición aos artistas plásticos que comezan e que xa contou cos traballos de Mauro Trastoy, Iván Prieto e Pablo Orza. Agora mesmo é Santi Jiménez quen ocupa o recibidor do Pazo de Bendaña, sede da entidade, con debuxos cos que pretende reinterpretar este espazo. Tamén desde 2006, o edifico acolle o ciclo Xoves Poéticos Surrealistas, que xa contou con propostas de Miguel Calvo, MarÃa Chenut, David Planas ou Wedswood Stevton. Estas iniciativas entroncan con diferentes propostas que desenvolve a fundación nesta liña desde o seu nacemento en 1995. AsÃ, o Espazo para novos valores, que se mantivo entre 2003 e 2006, acolleu as mostras individuais de diferentes artistas, e o grupo artÃstico Espacio aproveitou este edificio para as súas actividades entre 2000 e 2001. A iniciativas continuarán en 2008 coas exposicións de Aldo Alcota en maio, dentro dos Xoves Poéticos Surrealistas, e de Lili (Ana) que integrará en febreiro os dous espazos para novos creadores que mantén a Fundación.
Outra escena
Na mesma cidade, a Nave de Servizos ArtÃsticos (NASA) recuperaba este mes de novembro o seu ciclo “Os novos” destinado tamén, como o seu nome indica a achegar espazos de expresión para estes creadores. O sete e o oito de novembro foron o músico Xan Solo, coas súas “Cancións informais” e mais a poeta AntÃa Otero coa representación poética “Operatorio”, os primeiros que aproveitaron este espazo. A idea é que segundo vaian chegando propostas se programen novos ciclos deste espazo, que naceu con vocación de anual. Canda a isto, a NASA mantén desde hai anos Galizoo, un espazo expositivos para novas creacións plásticas.
Dando a nota
No campo da música, estamos a agardar tamén o resultado do certame Nova Xove. Esta proposta, que xorde do portal para os máis mozos que ten Caixanova, dará a coñecer o vindeiro dÃa 23 de novembro os gañadores da súa segunda edición nun concerto que se celebrará na Sala Capitol de Compostela. O premio incluirá nada menos que a gravación dun disco, unha xira de promoción e unha actuación nun festival nacional. Precisamente, o grupo Stereotipos, que gañou o pasado ano, está pendente nestes dÃas de tirar a luz ese seu primeiro traballo discográfico. Na mesma liña fallouse o pasado mes de setembro o I Certame Nsaio no Camiño, dependente de Xuventude, que tamén lle permitirá ao grupo Supersandwich a gravación e distribución dun disco por todo o estado. A menor escala, tamén finalizaba este mes o prazo para se presentar ao I Certame de Maquetas EISVMUSIC 2008 que organiza a Escola de Imaxe e Son de Vigo e que quere converterse noutra vÃa para dar a coñecer novos talentos. A final será o vindeiro vinte de decembro e os gañadores poderán gravar unha maqueta e facer unha minixira por diferentes locais de Vigo. Un pouco máis lonxe foi a banda Cornelius, que tamén se inicia agora no mundo discográfico, e que conseguiu certa sona ao quedar terceiro posto no Global Battle of Bands dentro da categorÃa estatal hai apenas dúas semanas.
Tirando da rede
As posibilidades de promoción para os novos creadores pasan, como non, pola rede. Para alén de iniciativas particulares coma webs ou blogs, existen tamén pequenas plataformas de promoción. A nivel plástico, por exemplo, atopamos na Coruña, “United Fiction” unha sorte de galerÃa virtual que expón o traballo de artistas coma David RubÃn, Alberto Vázquez ou Carlos Arrojo e que vende en láminas reproducións do material dispoñible en Internet. A outro nivel, coa intención de favorecer a creación literaria, este mesmo mes presentábase publicamente poesiagalega.com, unha páxina que nace destinada especificamente para servir de canle de expresión aos novos creadores. Javier Figueroa e Vili Mosquera, co apoio do Concello de Padrón, son os responsables deste novo espazo, e prevén a curto prazo desenvolver tamén un premio literario.
Ata en teatro
A cousa non remata aÃ, porque mesmo en áreas menos populares como pode ser a escrita dramática, tamén podemos atopar algún espazo que permite abordar as primeiras representacións. Neste sentido aÃnda o pasado oito de novembro puidemos ver, no Salón Teatro de Compostela e co tÃtulo “Botóns de mostra”, unha lectura dramatizada de textos deste tipo que se crearon ao abeiro do primeira edición do curso “Pistas para unha dramaturxia da actualidade” da man do Centro Dramático Galego: "Visión nocturna", de Santiago Cortegoso; "Movidas", de Clara Gayo; "Todo está escrito" de Fusa Guillén; "Alzheimer", de Carlos Labraña; "Alma" de Ricardo Conde e "Dous océanos" de Octavio Mas foron os tÃtulos escollidos.
Para alén destas iniciativas, existen tamén certames dos máis variados xéneros – e sobre todo literarios- que, sen estar especificamente destinados a novos creadores resultan a miúdo plataformas idóneas para se daren a coñecer. É ben certo que non todos han chegar a desenvolver unha carreira consolidada, e que posiblemente sexa necesarias aÃnda máis plataformas neste mesmo sentido. Pero, cando menos este outono, non se pode negar que a nosa cultura é nova.