Pepe Carreiro aproveita os Barbanzóns para unha serie de contos ilustrados

Spin off de BD

“Os pequenos Barbanzóns” é o nome da nova serie que Pepe Carreiro, coa colaboración do seu fillo Abraham, acaba de presentar na editorial Toxosoutos. A colección recupera os personaxes infantís da serie de BD “Os Barbanzóns” nunha serie de contos ilustrados –non son banda deseñada- para primeiros lectores. O primeiro volume deste proxecto titúlase “O ladrón de mel”, e supón o primeiro produto editorial galego derivado dun cómic. Carreiro anunciou que continúa a traballar no cuarto volume da serie nai, que co título provisorio de “A terceira idade do ferro” agarda publicar para o vindeiro trimestre de 2008.


Máis información no web de Toxosoutos e na ficha do autor