Ademais de estreas tan esperadas como "O señor dos aneis", a carteleira de espectáculos deixa tamén nestas datas de Nadal outros nomes e outros protagonistas. Son Dygra, Román Gutiérrez e Media Olé Produccións. Por partes, este ano que remata ten un nome, e ese é "O bosque animado" a primeira producción animada creada en Galicia, que se estreou nas carteleiras con éxito de público. E cando esta noite os seus creadores recollan o premio Galicia de Comunicación que lles outorgará a Xunta, recordarán a súa candidatura ós Goya, na categorÃa de pelÃcula de animación. Por outra banda, Román Gutiérrez narra as historias "Despois da lúa", con escenario o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) e Media Olé Produccións roda en Cabo Ortegal unha longametraxe de cáracter histórico.
A competición do bosque
Este ano a producción audiovisual galega ten un nome. E este nome é Dygra, que na súa división puxo en marcha a primeira producción dixital de debuxos animados europea. O resultado foi "O Bosque animado" unha longametraxe que tivo unha boa acollida nas carteleiras e que levou as pantallas a obra de Wenceslao Fernández Flórez que lle deu tÃtulo á pelÃcula. Unha producción que foi galardoada co Premio Galicia de Comunicación que concede a Xunta de Galicia e que se entregan esta noite na Toxa. E para rematar o ano "Bosque" os seus creadores tiveron outra boa noticia, e foi a nominación ós Goya, na categorÃa de pelÃcula de animación.
Unha loita na que O Bosque terá que lidiar con "A lenda do Unicornio" de Maite Ruiz de Austri; "Manuelita" de GarcÃa Ferré e "Un perro chamado dolor" de Luis Eduardo Aute. Haberá que esperar ata o vindeiro 2 de febreiro para ver que acontece con "O Bosque animado".
Trala lúa...
"Despois da lúa" é o último producción na que está a a traballar o lalinense Román Gutiérrez. Unha historia baseada nos contos de Ray Bradbury, onde se describe a historia dun hipotético mundo onde a guerra é o sistema establecido. Quince minutos cun presuposto de 300.000 pesetas(1.803.04 euros), que se rodou durante esta semana nunha das salas do CGAC onde ten previso presentalo o vindeiro mes de febreiro. "Despois da lúa" conta que contou con dous actores de excepción, Manolo Cortés (da compañÃa Chévere) e Marco Aurelio (coñecido autor de teleseries).
Con esta curtametraxe Román Guitérrez amplÃa o seu xa amplo curriculum no mundo do audiovisual. Actualmente fotógrafo de La Voz de Galicia, foi o guionista do filme "Ilegal" que foi rodada no Vigo e no Grove e que se estreará proximamente. Foi director de "Los amanecidos" (1997), "Disonancias" (1999) e productor de "El resorte" rodado no Pazo de Donfreán en Catasós (LalÃn).
Media Olé en Cabo Ortegal
Diferentes localidades de Cabo Ortegal, no Concello de Cariño serven estes dÃas de escenario para a longametraxe que a productora norteamericana Media Ole Productions esta realizando en Galicia. Co obxectivo de facer un filme de carácter histórico, a rodaxe estaba prevista para este mes co cometido de que estivera un tempo chuvioso para conseguir aumentar o efecto dramático, algo que pola situación metereolóxica actual non será posible. Narra a historia dunha familia de labregos que deciden enviar o seu fillo a estudiar ós EEUU. Quince anos despois, o rapaz envÃa tres cartas ós seus pais que lle son devoltas e deixa de ter novas deles. Chama o concello que lle din que os seus pais se mudaron sen deixar ratro. Coa esperanza de recuperalo, Santiago decide crear unha obra de teatro que recree a historia de Galicia con moita promoción para que os seu pais se presenten. Con esta obra, dirixida polo galego Pedro Casais, preténdese divulgar a historia de Galicia dun xeito cinematográfico, será traducido a varias linguas e presentarase en numerosos festivais internacionais.