Aínda que con trinta anos non se pode dicir de ninguén que sexa vello, para unha institución cultural chegar a esta idade supón ser xa, polo xeral, un proxecto consolidado e maduro. É precisamente este o aniversario que fai, o 29 de outubro, o Museo do Pobo Galego (MPG). Cunha andaina amplamente recoñecida ás súas costas, o centro enfróntase ao futuro coa consciencia de que hai que responder aos retos dun contorno cada vez máis cambiante.
O Museo do pobo galego: un caso de xestión do patrimonio cultural en Galicia é o título da tese de doutoramento en Antropoloxía Social e Cultural que lía hai agora un ano Fátima Braña. Baixo a dirección de Marcial Gondar, esta investigadora presentaba un amplo estudo sobre o MPG na que pretendía analizar a singularidade do centro e contextualizala na etnografía, na antropoloxía e na idea de identidade galega, explica. Á luz do seu estudo, advirte que o centro ten moitas singularidades no panorama galego. Para min o primeiro é que sexa un museo nacido desde a sociedade civil, da vontade de termos unha institución galega que reivindique a nosa identidade, explica. Canda a iso está o feito de que é privado. Realmente, foi o traballo de persoas comprometidas coa cultura do país o que permitiu que en 1977 abrise a súas portas o que aínda é hoxe un referente indiscutible en canto a fondos sobre a nosa sociedade tradicional. É unha mostra para xente de fóra que nos quere coñecer, pero sobre todo é para nos recoñecer, resume.
Importancia no sistema
Braña, que representa os socios no Padroado do centro, reclama ademais a importancia do Museo do Pobo na configuración do noso panorama cultural. O museo soporta desde hai moito tempo e de maneira firme un ideario de apoio á nosa cultura e á nosa lingua, apostando por unha cultura aberta, de todos e desde todos, apunta. Esta aposta fixo da institución un referente indispensable durante todo o proceso de constitución autonómica. A maiores, conseguiu unir a cultura popular coa elite intelectual e facela visible. Isto foi moi importante, no momento no que naceu, de cara ao proceso de normalización da nosa cultura.
Traxectoria
Desde aquela, o centro mantivo un crecemento constante, con sucesivas ampliacións das instalacións no antigo convento de San Domingos e a incorporación de fondos bibliográficos e etnográfico. Segundo explica Braña vai logrando os seus obxectivos con grande esforzo e procura cumprir cos criterios internacionais. O máis recente foi atender á actividade investigadora coa creación do Instituto das Identidades, lembra esta antropóloga. Os servizos didácticos que levan cada ano milleiros de escolares a estas salas, as exposicións temporais do máis variado signo, a ampla biblioteca, as propostas de integración educativa da etnografía mediante os certames Antonio Fraguas ou os preto de 100.000 visitas anuais que mantén como media son boas mostras do desenvolvemento do centro. A liña é mais ou menos continua, ten altos e baixos, pero mantense ao longo do tempo. Ademais, a sociedade civil non deixou de quedar preto do centro, tanto na figura dos membros do padroado como dos socios ou do voluntariado. O apoio podería ser maior, pero o museo é un referente de investigación e de traballo. Os máis de mil socios con que conta o organismo, o feito de que case o 90% dos fondos de que dispón o centro proceden de doazóns e depósitos, ao igual que boa parte dos cen mil volumes que atesoura (entre eles varias bibliotecas de persoeiros ilustres), son datos que demostran a vixencia deste compromiso social.
Anovar a innovación
Nestes trinta anos o centro consolidouse e asentouse, sendo como era no seu momento unha iniciativa moi arriscada e anovadora. Agora é o momento de mirar cara ao futuro e ver como se poden alcanzar novos obxectivos, lembra Braña. O museo ten falta de recursos e cómpre que conte con máis servizos e máis atención ao público. Precisamente, a coincidir coa celebración deste trinta aniversario, membros da directiva e do padroado que sostén o centro amosaron a existencia de diferentes visións sobre o futuro do museo. Mentres, por unha banda, o actual presidente do Padroado, Isaac Díaz Pardo, reclamaba a incorporación do centro á Administración Pública, o director do mesmo, Carlos García, defendía a necesidade manter a súa independencia. Aínda que trinta anos non supoñen demasiado tempo na vida dunha institución, apunta María Xosé Fernández, secretaria do centro, este aniversario quérese aproveitar para pór sobre a mesa o proceso de renovación física das salas e a apertura de novas liñas de actuación. Nese sentido, no seo do Padroado vanse ir debatendo de xeito sucesivo as iniciativas tendentes a levar á práctica a planificación da institución para a vindeira década, xa aprobada en 2006, completa.
Ideas de futuro
O centro ten uns fondos magníficos e unha exposición estupenda, a xente que coñece o agro entra nunha sala e entende perfectamente por qué está montada dese xeito, explica Fátima Braña. De calquera xeito, un dos retos fundamentais para a entidade é a adaptación ás novas tendencias museolóxicas. Ese ámbito estase a desenvolver moito e cada organización ten que facer a súa escolla. Hai propostas moi artísticas que posúen moi pouco fondo, advirte. Segundo explica Braña, independentemente da fórmula de xestión que se escolla, gustaríame que o museo atendese un pouco ao que é a Galicia actual e puidese acoller nas súas salas unha visión máis crítica da sociedade, explica. Por exemplo, non sei a relación que poden ter, pero seguro que a nivel conceptual se poden vencellar manifestacións coma o hip hop a algunhas das coleccións do museo. Tamén se poderían tratar temas coma os problemas da pesca, da vivenda ou da ordenación do territorio. A idea é que se poidan ver nas salas temas que saen nos xornais, sinala. Na actualidade este tipo de cuestións analízanse nos encontros O feito diferencial galego que cada ano atenden a un tema de xeito monográfico. Ao tempo, tamén a actividade do Instituto das Identidades vai no sentido de desenvolver análise e investigación sobre temas actuais. Pola súa banda, María Xosé Fernández apunta que de cara ao futuro máis que mudar, o que cómpre é seguir esforzándose para que o Museo do Pobo poida seguir evolucionando ao compás da sociedade que lle dá sustento. Esta evolución contempla a adaptación das súas estruturas ás necesidades emerxentes, explorando novas vías de financiamento e ampliando a súa base social. Dentro deste proceso enmarca a renovación das salas máis obsoletas e a apertura doutras novas, incorporando as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías.
Celebracións e mudanzas
Polo momento, e pendentes das mudanzas que se produzan no seo deste organismo, o Museo do Pobo celebra con diferentes actos o seu trinta aniversario. Os actos pódense considerar iniciados o seis de outubro coa inauguración da mostra do IV Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, explica Fernández. Seguiron coa celebración do II Ciclo de Cine Etnográfico. A imposición da medalla de ouro do centro a Luciano García Alén (fundador e vicepresidente do MPG), a representación do Romance de Xoán Tuorum, unha xornada de portas abertas coas novas salas de prensa e imprenta e de oficios urbanos e a inauguración da mostra Barrio de San Pedro, porta do Camiño completan os actos previstos para as datas do aniversario. De cara aos últimos meses de 2007 están previstas aínda a inauguración da mostra Badías. Caboverdianas na Mariña e mais a celebración do foro Inmigración, Cidadanía e Identidade. Despois dos fastos, comezará, con toda seguridade, o proceso de debate que terá necesariamente que dar no Museo que nos represente coma pobo para os vindeiros trinta anos. Como mínimo.