Pasa por ser un dos nosos sÃmbolos gastronómicos máis tradicionais e, sen dúbida, é un dos máis recoñecidos internacionalmente. A queimada é unha bebida cuxa preparación vai vencellada a toda unha serie de rituais que a sitúan na fronteira entre o profano e o máxico. No entanto, nin o preparado nin o conxuro que tanto simbolizan a galeguidade teñen unha orixe tan ancestral como se supón.
Apóñenselle orixes celtas ou prehistóricos. Fálase da súa función máxica de defensa contra as meigas. Considérase, sobre todo no exterior, todo un sÃmbolo de galeguidade. Malia á luz que desprende na súa produción, existen unhas certas tebras na orixe real da queimada. Mesmo a Gran Enciclopedia Galega advirte, desde a súa primeira edición, de que existe unha queimada tradicional, pero que a súa composición non tiña moito que ver coa que actualmente coñecemos. Non cómpre máis que pensar na dispoñibilidade de ingredientes escasos para os nosos devanceiros como podÃan ser o café ou o azucre. De calquera xeito, semella probado que xa na cultura tradicional se desenvolvÃa o consumo colectivo desta beberaxe como remate de diferentes xantares festivos. Canda a isto mantÃñase un consumo máis privado, no que a queima do augardente estaba asociado a usos terapéuticos. No entanto, xa a Enciclopedia distingue a existencia dunha variedade “urbana” da queimada que é a que actualmente coñecemos todos.
A nosa queimada
Coincide nesta análise o antropólogo Xosé Manuel González Reboredo, que no artigo “A construción de referentes de identidade etno-nacional. Algunhas mostras sobre Galicia” explica que “a partir dunha data que podemos situar nos anos cincuenta do século XX, algúns galegos, coma os afincados en Madrid, comezaron a consumir estas bebida en grupo, en circunstancias festivas ou ao remate de comidas de confraternidade. A práctica foi acompañada dunha revitalización teatral de vellas crenzas como a lectura de esconxuros elaborados ad hoc e destinados a escorrentar as meigas”. Segundo completa a “Grande Enciclopedia Galega”, esta reinvención da queimada foi producindo “un ritual cada vez máis complexo no que cómpre certa atmosfera ou posta en escena”. As luces apagadas, o silencio no contorno, o movemento da culler deixando caer o augardente mentres arde… E, como non, ese celebérrimo esconxuro que tampouco é, na realidade moi antigo.
Queimada nos guateques
De feito, non se pode falar dun único esconxuro relacionado con esta práctica, xa que existen varios (e os que xorden e xurdirán da improvisación). Sen dúbida o máis coñecido é o que arrinca coa invocación “Mouchos, curuxas, sapos e bruxas” . Malia ao aspecto “ancestral” do recitado, este texto ten un autor coñecido e mesmo data aproximada de composición, nada antiga. “O conxuro naceu nos guateques durante os anos sesenta” explica o seu autor, Mariano Marcos e de Abalo, que ten desde 2001 rexistrados estes versos. Concretando máis, a Gran Enciclopedia Galega sitúa, nos seus apéndices, en 1967 o primeiro recitado. Para alén de o crear, Abalo especializouse en facer queimadas dentro do seu traballo en hostalarÃa, sendo empregadas, xa daquela, como atracción turÃstica. No seu espectáculo, desenvolveu unha complexa posta en escena que incluÃa mesmo un disfrace ou unha caveira na mesa. Para alén, o propio Abalo apunta que ten rexistrados outros dous conxuros “máis poéticos”, tamén da súa creación.
Máis conxuros
Canda a este texto, ten tamén os seus seguidores outro que comeza “Lume, lumiña que verde camiña”, e que tamén conta cun autor con nome e apelidos: Xosé MarÃa Pérez Parallé. AÃnda en setembro de 2007 se celebraba en Fene un congreso no que se conmemoraban os vinte anos da morte deste poeta de Ferrolterra. Por se nos parecen poucos, atopamos aÃnda un “Cantar da Queimada” feito por Baldomero Isorna e xa a propia Enciclopedia Galega advirte de que “son innumerables as composicións poéticas creadas en torno a esta práctica”. E non son só estes conxuros os que contan con autor. Segundo explica Reboredo, o mesmo pote onde se fai a queimada é tamén unha invención recente. “O invento tivo tanto éxito que un cacharreiro de Mondoñedo, Tito Freire, decidiu, en 1955, concibir un cacharro, en forma de tarteira e con pés coma un pote, para ser destinado a elaborala”, sinala no mesmo artigo.
Desmontando a orixe
É moi posible que haxa quen se sinta decepcionado ao descubrir o pouco ancestral de moitos dos elementos da queimada, logo da abondosa mitoloxÃa que se creou no seu contorno (facilmente localizable pola rede) na que se incide nas súas orixes celtas e pagáns e mais na súa significación máxica. Sobre estas cuestións reflexionaba, xa en 1972, Carlos Alonso del Real, catedrático de Prehistoria. Nun artigo publicado en “Grial”, este autor apuntaba a imposibilidade de que a queimada, mesmo nunha versión diferente, puidese ser anterior á Idade Media. “A augardente non pode ser anterior ao século XII”, explicaba, xa que os alambiques para a facer espalláronse en Europa só despois de intensos contactos cos árabes que os inventaran. “O mesmo hai que dicir do azucre”. En canto ao viño, “levarÃanos como moito á época romana e temo que só aos monxes medievais”. Os cÃtricos e os propios cacharros empregados sosteñen a tese dunha orixe medieval (como moito) para a queimada.
Paralelismos ancestrais
No entanto, Del Real apunta a existencia de paralelismos “estruturais e non materiais” no rito e consumo da bebida con antigos costumes “escandinavos, célticos, xermánicos antigos ou aÃnda anteriores”. É dicir, que elementos coma o lume, o consumo colectivo de alcol e mesmo invocacións rituais existÃan, por xunto ou por separado, na antigüidade baixo moi diversas formas. “Non se pode pensar sen máis nin máis na pura coincidencia dunha broma ou dunha creación literaria e cÃvica moi moderna con cousas antigas”, lembra no seu artigo. Alonso del Real apunta a posibilidade de que os elementos da recreación recollan, de xeito consciente ou inconsciente, elementos xa presentes no noso acervo cultural, pero aclara que non se pode establecer en ningún caso unha continuidade as prácticas daqueles pobos e a nosa queimada.
Unha tradición moderna
Non podemos dicir, finalmente, que esta beberaxe e todo o rito aparellado non sexa tradicional. Estamos a falar, en todo caso, unha tradición recente, moi vencellada ao fenómeno migratorio e que consegue manterse con grande vitalidade. Na súa popularidade influÃu a transmisión comercial do rito, coa publicación e venda de carteis e mesmo gravacións co seu esconxuro e receita, canda ás ferramentas necesarias para a súa realización. “No presente esta singular bebida é consumida despois de banquetes e reunións, converténdose en sinal de galeguidade tanto para os galegos como para so que coñecen esta práctica sen selo”, explica Reboredo. “A queimada está xa incorporada á nosa tradición cultural malia a súa xuventude”.
A adaptación da queimada
Nos últimos tempos vimos novas adaptacións da preparación aos tempos que corren. Temos, por exemplo, a presenza desta beberaxe en distintos actos polÃticos. Queimadas a escala industrial, nas que se empregan milleiros de litros de augardente, conseguen reunir anualmente un bo feixe de persoas en eventos gastronómicos coma os que se celebran en Monforte e en Cervo. Noutra reviravolta do proceso, a firma naronesa Meigas Fóra ten a venda un completo kit para preparar esta bebida, con cacharros, ingredientes e mesmo un chisqueiro xa incluÃdos. A bebida representounos en 2005 en Bruxelas, cando nunha representación da aldea de Astérix, ocupou o lugar da coñecida poción máxica. No espectáculo “Meigafesta” que Dj Goro e Dj Christian organizan por grandes discotecas de todo o Estado, está presente unha queimada canda a gogós, luces láser e a versión techno do “Sementar Sementarei” entre outras pezas. Está por ver cara onde evoluciona este fenómeno. ¿Veremos queimadas virtuais? ¿Novos ingredientes? ¿Queimadas-fusión con caipirinhas ou bebidas enerxéticas? Ao final a cuestión será sempre botar un grolo en boa compañÃa.