A ConcellarÃa de Cultura de Ferrol sorprendeu a todo o mundo hai uns dÃas ao anunciar que eliminaba a venda de entradas do Xofre tanto por teléfono como por Internet mentres non desenvolvÃa un servizo propio para estas canles. Unha iniciativa pioneira nun eido no que Caixanova e Caixa Galicia son as principais plataformas que ofrecen un servizo que, contra todo prognóstico, cada vez demandan máis usuarios. Acabaron as colas.
No último ano por cada entrada no despacho de billetes vendéronse nove por Internet e oito por teléfono. Son as cifras dos eventos nos que Caixanova ofrecÃa a venda telemática da entrada. Se a isto lle engadimos que Caixa Galicia cuantifica nun 40% o incremento de billetes por teléfono e Internet nos últimos anos, temos que as vendas na taquilla case pasaron á historia. Sen embargo, non sempre foi asÃ.
A evolución
Foi en 1996 cando Caixanova puxo en marcha o seu servizo de venda anticipada. “Non só xestionou a venda de entradas de actividades organizadas pola propia Caixa, senón que tamén vendeu espectáculos, concertos e actividades promovidos por outras entidades ou institucións que van desde obras de teatro, música clásica e outras músicas ata macroconcertos, feiras internacionais, ou grandes acontecementos, como as exposicións temáticas de “Gobisauros” ou “Titanes” ata eventos deportivo de grande relevancia”, explican desde o gabinete de prensa da entidade financeira. Foi máis tarde, no 2003, cando activaron Servinova, o servizo de venda anticipada a través de Internet, tivo unha tÃmida acollida: o 6.43% do total vendido nese ano. No 2006 xa rexistra cifras sorprendentes, que destacan que case a metade (o 48,78%) se vende a través da rede. A outra plataforma de venda de entradas telemática, a que ofrece Caixa Galicia, fÃxoo antes, no ano 2000 a Fundación Caixa Galicia puxo a andar, co gallo do Festival Mozart o seu servizo de venda a través de Internet. Desde o gabinete de prensa da Fundación Caixa Galicia explican que o total das vendas pola rede (na súa oferta hai espectáculos de artes escénicas, cine e fútbol) medrou máis do 40% cada ano".
O teléfono está a perder postos en detrimento da rede, que permite ver en tempo real a butaca ou asento que se está a mercar dentro do escenario, o que o converte nunha ferramenta moito máis útil. Ademais, ambas entidades destacan a vantaxe de non ter que facer colas e que se poden mercar a calquera hora do dÃa. Ademais, rexistran marcas moi curiosas como as 28.000 entradas que Caixa Galicia vendeu a través da rede para o concerto de Maná este verán en Santiago, ou as 100.000 solicitudes nun só dÃa que rexistrou Caixanova para a xira que ofreceu no 2003 o grupo arxentino “Les luthiers”.
O procedemento habitual
Os espazos públicos de titularidade municipal como poden ser o Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, o Teatro Colón na Coruña (agora mudou ao facerse Caixa Galicia coa xestión do espazo tras gañar un concurso público) ou o auditorio de Vigo manteñen desde hai anos a posibilidade de mercar as entradas a través da rede. Son servizos que non ofrecen os propios concellos, senón que contratan a empresas privadas a través de diferentes fórmulas: convenios e concursos públicos, principalmente.
Eva Orgeira, do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (entidade autónoma para a xestión cultural do concello herculino), explica que “sae un concurso público para levar o servizo telemático das vendas. Hai un prego de condicións que teñen que cubrir, como que teña moitos puntos de venda, un horario flexible, sistema de recollida de entradas.... e todas e cada unha destas caracterÃsticas fan que as empresas que se presenten acaden unhas porcentaxes e quen gaña ten a concesión por un ano prorrogable anualmente cada dous e por un máximo de catro”. Se nun primeiro momento Caixa Galicia se fixo coa concesión do servizo, agora é a quenda de Caixanova. Polo demais, o prego tamén establece que o máximo que pode gañar por entrada cada entidade financeira é ata un máximo do 3%; é dicir, por cada entrada de 30 euros, poden cobrar unha comisión de ata 3 euros. Este é o modelo ao que se opta en Vigo, tal e como explica Jesús Moure, desde a concellalÃa de Cultura, “existe a intención de sacar adiante un plan de artes escénicas e culturais que regularÃa todo o sistema de vendas a través de concurso, pero isto é, de momento, un proxecto a medio prazo”. A dÃa de hoxe, os sistemas máis empregados son a venda no despacho para as actividades programadas polo propio concello e, no caso dos espectáculos que contan con patrocinio ou organización da obra social das entidades financeiras, co seu propio apoio loxÃstico. O exemplo máis palmario, explica Jesús, está no caso dos dous festivais importantes de Vigo: o Are More e o Imaxina Sons. Este último, co patrocinio de Caixanova, vende entradas a través de Servinova, mentres que o o primeiro é cousa de Caixa Galicia. Polo demais, entre as tendencias xerais que Jesús establece figura que “cada vez se compra máis a través de internet e a demanda está relacionada co tipo de público. Os asistentes a concertos de Jazz mercan no propio despacho de billetes, mentres que os de clásica mercan por anticipado”.
A excepción de Ferrol
Hai unhas semanas o concello de Ferrol cancelou os seus acordos con Caixanova para ofrecer un servizo propio de venda telemática de entradas. Ramiro Santalices, secretario da concelleira de cultura Yolanda DÃez explica que “o servizo que estaba en mans de Caixa Galicia, creo que segundo convenio de programación, pasa agora a mans do concello. A idea é ofrecer un servizo desde a propia administración pública”. Os motivos segundo explica Santalices, era que “habÃa numerosas queixas polos problemas para acceder as localidades”. Foi entón cando o concello decidiu que habÃa que desenvolver unha serie de aplicacións informáticas e destinar persoal do concello para poñerse á fronte do servizo. “Non entrará a funcionar ata dentro dunhas semanas, pero estamos fiados a que unha iniciativa desta natureza deberÃa garantir un acceso con máis equidade”, apura Santalices. Mentres o sistema non se converte nunha realidade, todos aqueles que queiran asistir ao Xofre, deberán mercar as entradas na taquilla de toda a vida.