NASA. Acrónimo de Nave de Servizos ArtÃsticos, ou o que é o mesmo, un dos proxectos culturais máis arriscados, irreverentes, comprometidos e suxestivos que se foron solidificando na pétrea Compostela tomando como pretexto as artes escénicas. Falar da NASA é falar de Chévere, das Ultranoites.. en resumidas contas, da innovación levada á arte. Con quince anos ás súas costas, dan unha nova volta ao seu proxecto para durar, como mÃnimo, outros quince máis. E para celebralo: unha festa.
Hai quince anos o local da Rúa San Lourenzo nos números 51 e 53 era algo asà como un dos puntos máis distantes de Compostela. Estaba lonxe dos centros culturais, da movida nocturna e era unha zona residencial moi afastada e pouco atractiva, maila súa proximidade ao campus e á zona histórica. “Nunca pensamos que a zona Ãa mudar tanto, explica un dos seus artÃfices, Xesús Ron, que ata temos ao alcalde vivindo na zona”. Quen lles Ãa dicir a aqueles mozos de vinte e tantos que o seu proxecto Ãa ser un dos modelos culturais máis sólidos, estables e alternativos do paÃs. A reconstrución virtual da NASA en plena praza da Quintana para presentar a festa de aniversario non é máis que unha forma de evidenciar que non están lonxe, que están integrados na cidade como a propia catedral.
Unha festa de quince horas
Este sábado o local da Sala NASA acollerá un espectáculo tamaño quince por quince. Unha proposta nova cada quince minutos durante quince horas. “Un maratón, en palabras de Xesús Ron, ao que estaban convidados a participar todos aqueles artistas que, dunha doutra maneira, estiveron vencellados á sala ao longo destes quince anos”. Entre cada espectáculo, un vÃdeo de dous minutos permitirá achegar ata o espazo escénico ao público, técnicos, xornalistas... a todos aqueles que fixeron posible estes quince anos de vida e que abre agora un novo camiño.
O novo proxecto
Dúas ideas principais na nova etapa que abre a Sala Nasa. A primeira, que deixa de chamarse sala alternativa para ser un teatro máis da cidade. De feito, Xesús Ron considera non é un cambio de etiqueta senón que “é o recoñecemento de que non somos nada alternativos, que somos parte da cidade e que despois de todo este tempo somos un teatro máis, cunha programación de amplo espectro e que traballamos para todo tipo de público”. Consideran que a etiqueta de alternativos é para público moi novo e “aÃnda que é estupendo manter un espÃrito xuvenil pero debe quedar claro que traballamos para todos”.
A segunda a idea pasa por definir un modelo de xestión mixto. Xesús Ron explica que “estamos tratando de ver o futuro cun modelo diferente que cremos que temos que implicar as administracións doutra maneira”. Non piden cartos, senón que apuntan a necesidade de tender cara un horizonte de modelo mixto. “O proxecto non está consolidado, dependemos do mercado inmobiliario xa que estamos nun local de alugueiro e isto pode ser un problema para un proxecto a medio prazo” sinala Ron que xa ofrece varias posibilidades: “poderÃa ser un modelo tipo SGAE, que supón a cesión de solo público para crear unha sede; pero hai moitas máis como buscar un edificio de titularidade pública que se poida remodelar”. Unha proposta que suporÃa investimentos desde o lado público e desde o privado e que converterÃa á Sala Nasa nun centro de creación artÃstica. “Non debemos de esquecer que se trata dun proxecto expositivo asà que, sen perder este horizonte, a NASA pretende ser un centro de creación, de xestación de traballos artÃsticos”.
Un proxecto por etapas
Con 15 anos de traxectoria, viron nacer e morrer moitos proxectos culturais radicados na cidade de Santiago. Pero o seu foi quen de pervivir ás eventualidades da xestión cultural e evolucionou e marcou, en palabras de Ron, dúas etapas moi clara se que programaticamente. “A primeira rematou en 1996 cun cambio no equipo” asegura Xesús que coincidiu tamén cun cambio fÃsico que se plasmou nas obras que tiveron lugar ese ano. “Abrimos o 1 de xaneiro de 1998 abrimos como teatro estable, cunha programación de mércores a sábado, de setembro a xuño”. Pero Xesús tamén considera que non era só un proxecto artÃstico, senón tamén laboral, garantir estabilidade para os traballadores e cada un deles comezaba a especializarse nun ámbito concreto”.
“A primeira etapa, xa foi unha etapa de botar raÃces, non cobrabamos, eramos multitarefas, tanto cortabamos entradas como nos encargabamos do espectáculo e iso desgasta moito. Por iso, moitos dos que formaban parte dese proxecto inicial decidiron mudar porque xa estaban moi cansados”, puntualiza Ron. No estadio actual, en palabras deste artista que simboliza a unión entre o grupo de teatro Chévere e a Sala Nasa, hai que apostar pola creación. “Non se debe perder que é un sitio de exhibición, pero debe ser un lugar de xestación de proxectos” explica. Non é algo novo, levan dous anos facendo isto de maneira un tanto tÃmida, axudando a novos proxectos creación pero sen evidencialo como unha das posibilidades da NASA . “O noso interese é ter cada ano un proxecto diferente dentro das artes escénicas”, matiza.
Na procura de novos públicos
Unha das materias pendentes neste novo camiño que se abre para a sala é a busca dos estudantes. “O publico universitario renovase cada ano e custa moito enganchalo, ademais, ten o handicap que non é residente na cidade e nós programamos fundamentalmente de fin de semana” explica Xesús Ron que, sen saber aÃnda como, pretende enganchalos de novo. A por outros quince anos máis.