A revisión dos procesos de adxudicación e organización da Cidade da Cultura está a se converter no tema do verán. Ás irregularidades que revelaba o pasado mes o informe do Consello de Contas sumouse na última semana a constitución da plataforma Cultura si, mausoleo non que quere levar esa cuestión á fiscalía. E esta mesma fin de semana, Emilio Pérez Touriño anunciaba a creación dunha comisión de investigación no Parlamento sobre o proxecto. Semella que temos polémica asegurada para uns meses.
A constitución da plataforma Cultura si, mausoleo non, enchía este venres as páxinas dos medios de comunicación galegos. E iso que este colectivo, que reclama a paralización do proxecto da Cidade da Cultura, aínda fai a súa presentación pública o mércores vinte e nove de agosto. A proposta, desde logo, dá de si. Entre os obxectivos cos que nace esta plataforma está levar ante a Fiscalía Anticorrupción o informe no que o Consello de Contas revelaba diferentes irregularidades na planificación do complexo e na adxudicación das obras para que se poidan depurar as responsabilidades penais por parte dos diferentes gobernos da Xunta puidese haber no proxecto.
Para alén disto, o colectivo reclama ademais a paralización inmediata do proxecto, a disolución da fundación que o xestiona e que os edificios xa construídos se destinen a albergar as instalacións da Xunta de Galicia na capital galega. A proposta, asinada por medio cento de nomes de diferentes ámbitos, ten o apoio dos representantes de partidos independentistas coma Nós-UP ou Primeira Linha, e conta entre as súas filas cun bo número de membros do sindicato nacionalista Confederación Intersindical Galega. Precisamente a CIG xa anunciara a súa intención de levar ante a Fiscalía Anticorrupción o proceso de adxudicación e artellamento do complexo. A última reclamación da plataforma é que se desenvolva un debate público na TVG no que a actual conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, compareza e explique a situación do proxecto e as súas perspectivas de futuro.
Para alén das plataformas cidadás, tamén o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño abría esta fin de semana unha fronte de control sobre a Cidade da Cultura. Este sábado, 25 de agosto, Touriño anunciaba que se abrirá no Parlamento Galego unha comisión de investigación sobre o Gaiás para que toda Galicia saiba como xestionaba e que fixo o PP co diñeiro de todos dos galegos. A proposta de Touriño foi respondida por Alberte Núñez Feijóo, do PP, como unha manobra para tratar de manchar o nome do PP de Galicia. Ademais, o presidente dos populares denunciou á súa vez irregularidades do actual goberno arredor das obras dos dous últimos edificios do complexo do Gaiás. Precisamente Feijóo reclamáralle ao mandatario socialista que fose á fiscalía no caso de ter probas de corrupción neste proceso, e que de non o facer, sería cómplice desas irregularidades.
O que está claro é que podemos agardar que nos vindeiros meses xurdan novos datos sobre a adxudicación e xestión da Cidade da Cultura, desta volta da man do Parlamento de Galicia, nada menos. E é que semella que os cuestionados cimentos do Gaiás van ir tan cargados de tinta como de masa.